Proxectos

APOIO AO CENTRO DE ESTUDOS E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO DE PACHACÚTEC - CALLAO PARA A CAPACITACIÓN LABORAL EN VENDA DE PEIXE - PESCA-CEDC

(OX) OFRECER AOS POBOADORES DA ZONA DE INFLUENCIA DO CEDEC A POSIBILIDADE DE OBTER A FORMACIÓN TÉCNICA NECESARIA PARA CREAR NEGOCIOS DE VENDA DE PEIXE, MELLORANDO ASÍ A SÚA SITUACIÓN ECONÓMICA E AO MESMO TEMPO FAVORECENDO O INCREMENTO DE CONSUMO DE PEIXE

(OE1) DOTAR AO CEDEC DE FORMA PERMANENTE COAS INSTALACIÓNS E OS EQUIPOS NECESARIOS PARA IMPARTIR DE FORMA AXEITADA NO FUTURO UNHA NOVA CARREIRA TÉCNICA DE VENDA DE PRODUTOS PESQUEIROS

(OE2)PROMOVER ENTRE OS/AS POBOADORES/AS DA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO O INTERESE EN PARTICIPAR NESTA ACCIÓN FORMATIVA

(OE3) FORMADORES/AS CAPACITADOS/AS PARA PODER IMPARTIR OS ESTUDIOS PROPOSTOS 

(A1) SELECCIÓN E PREPARACIÓN DA DOCUMENTACIÓN DOCENTE, EQUIPOS E MATERIAIS NECESARIOS PARA A IMPARTICIÓN COMPLETA DOS ESTUDOS PROPOSTOS, SEGUIDA DA IMPLANTACIÓN DOS EQUIPOS NAS INSTALACIÓNS DO CEDEC

(A2) PROMOCIÓN DA PARTICIPACIÓN DE POBOADORES/AS DA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO NOS ESTUDOS A IMPARTIR

(A3) IMPARTICIÓN DUN CURSO TEÓRICO PRÁCTICO DE 350 HORAS DE DURACIÓN  A UN GRUPO DE 5 FUTUROS/AS FORMADORES/AS CAPACITADOS/AS E A UN PRIMEIRO GRUPO DE ALUMNOS/AS

BENEFICIARIOS/AS: MEMBROS DA INSTITUCIÓN EDUCATIVA CENTRO DE ESTUDIOS E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO - CEDEC

Ano: 
2005
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Ventanilla (distrito)
Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Axudas: 

53.425.00 €