Apoio ao Instituto para el desarrollo y la innovación educativa (IDIE) en Arxentina. Plan de actuación 2010
O proxecto pretende afondar e diversificar as accións levadas a cabo polo Instituto para el Desarrollo y la Innovación Educativa (IDIE-OEI).
Preténdese proseguir cos mecanismos fundamentais de traballo que se veñen desenvolvendo no IDIE: a xestión do coñecemento para incrementar a sensibilización social, política e técnica acerca da problemática educativa; a cooperación para o fortalecemento institucional nos ámbitos gobernamentais e non gobernamentais para dinamizar o compromiso de mobilización que leve consigo ao desenvolvemento de iniciativas prácticas e concretas para o melloramento da situación do sistema educativo e o seu impacto no proceso de desenvolvemento do país e o deseño dunha oferta formativa destinada a funcionarios, expertos, docentes e responsables sociais e políticos da cuestión educativa.
Período de actuación: xaneiro - decembro 2010
Organización de Estados Iberoamericanos para para a Educación, a Ciencia e a Cultura - Oficina Rexional en Bos Aires
Favorecer o proceso de mellora da calidade do sistema educativo arxentino para apoiar o desenvolvemento dunha sociedade democrática, equitativa e plural
Desenvolver e organizar encontros temáticos, consultas e outras actividades con distintas institucións, organismos e especialistas vinculados coas áreas de traballo do IDIE
Participar e difundir as experiencias e intervencións realizadas nas áreas temáticas en congresos, eventos, encontros e en distintos medios
Promover os espazos de reflexión para responsables políticos na toma de decisións no ámbito educativo nacional e/ou provincial
Promover espazos de difusión virtual
Colaborar cos equipos técnicos dos distintos organismos no deseño de accións de intervención nas catro áreas temáticas
Participar na elaboración de instrumentos de sistematización, seguimento e avaliación de proxectos de intervención
Participar e/ou continuar coa elaboración, edición e distribución de publicacións nas áreas educativas de cobertura do IDIE
Desenvolver unha indagación sistemática sobre a formación docente, a educación inicial, valores e alfabetización no ámbito nacional
Promover instancias de intercambio, construción de consensos e acordos entre as áreas implicadas do IDIE cos diferentes niveis de xestión nacional, provincial e iberoamericano
Directa: equipos técnicos e directivos do Ministerio de Educación de Arxentina e os gobernos provinciais e locais en materia educativa; corpo docente das escolas, a comunidade educativa no seu conxunto e outros actores sociais.
38114,79