Apoio ao Plan Nacional de Loita contra a SIDA para a mellora da atención integral de persoas seropositivas e diminución da transmisión vertical do virus
O proxecto pretende dar resposta á vulneración do dereito á saúde en Guinea Bissau, especialmente entre os colectivos máis desfavorecidos, neste caso os enfermos con VIH que non teñen acceso a servizos sanitarios que garantan un axeitado tratamento da súa enfermidade. Así mesmo, pretende contribuír a previr e frear o contaxio da enfermidade.
Para iso, o proxecto reforzará o Plan Nacional de Loita contra a SIDA (PNLS) aumentando e mellorando a atención sanitaria das persoas VIH+ e reducindo a taxa de transmisión vertical (nai-fillo) do virus. Todo iso farase con enfoque de xénero, para adaptarse de xeito diferenciado á situación e necesidades de homes e mulleres, facilitando o acceso das mulleres seropositivas, tradicionalmente marxinadas, rexeitadas e estigmatizadas, a servizos sanitarios dignos e especializados que dean resposta ao seu dereito fundamental á saúde.
Co incremento da cobertura sanitaria dos pacientes de SIDA na capital, Bissau, (onde se concentra o 40% dos afectados de toda Guinea) preténdese contribuír á redución da prevalencia desta enfermidade nun dos países máis pobres do mundo, cunha taxa de incidencia de SIDA na poboación adulta que se sitúa en torno ao 8%. Ademais da asistencia directa, tanto a nivel médico como psicolóxico, a casos individuais e ás súas familias, a importancia deste proxecto radica en contribuír a consolidar un modelo de asistencia sanitaria eficaz, integral e inclusivo que, tal e como pretenden as autoridades sanitarias do país, poida ser aplicado de xeito xeral e asumirse no futuro de xeito autónomo.
Assocaiçao Céu e Terras
Obxectivo Xeral: Apoiar ao Ministerio de Saúde na súa política de loita contra a SIDA.
Obxectivo Específico: Reforzo do Plan Nacional de Loita contra a SIDA a través do aumento e mellora, con enfoque de xénero, da atención sanitaria de persoas seropositivas e a redución da taxa de transmisión vertical nai-fillo do VIH.
Resultado 1.1.: Realizouse un proceso de identificación de persoas con VIH, determinando o tipo de virus e estadio de desenvolvemento da enfermidade.
Actividades:
A.1.1.1.: Asesoramento de persoas en situación de risco, embarazadas, familiares de seropositivos e persoas que voluntariamente chegan ao CTA sobre o VIH e a posibilidade de facer un test de determinación (counselling pre-test), con especial atención ás mulleres por sufrir unha maior vulneración do seu dereito de acceso á saúde.
A.1.1.2.: Realización de tests de determinación de VIH.
A.1.1.3.: Asesoramento post-test unha vez coñecido o resultado da proba: sensibilización sobre a enfermidade (formas de contaxio, métodos para evitar a transmisión, condutas de risco...), e posibilidades de tratamento nos casos en que o test resulta positivo.
A.1.1.4.: Realización de tests de confirmación e determinación (VIH-1 e/ou 2).
A.1.1.5.: Realización análise de CD4 para o diagnóstico de estadío do paciente seropositivo.
Resultado 1.2.: Diminuíuse a mortalidade de pacientes VIH+ e mellorou o seu estado clínico e inmunolóxico a través de tratamento con triterapia antirretroviral (TARV) segundo o Protocolo Nacional de Loita contra a SIDA.
Actividades:
A.1.2.1.: Counselling informativo dos pacientes que cumpren os criterios establecidos no Protocolo Nacional de Loita contra a SIDA para o inicio dun tratamento antirretroviral (TARV) sobre a importancia do tratamento e as consecuencias da adherencia a este.
A.1.2.2.: Elección e inicio do TARV apropiado para cada paciente por parte dun equipo médico especializado.
A.1.2.3.: Seguimento da evolución clínica, inmunolóxica e hemoquímica dos pacientes en tratamento.
Resultado 1.3.: Diminuíuse a taxa de transmisión materno-filial con tratamentos antirretrovirales (PTMF) no marco do protocolo establecido no Programa Nacional de Loita contra a SIDA.
Actividades:
A.1.3.1.: Counselling informativo das pacientes embarazadas que cumpren os criterios establecidos no Protocolo Nacional de Loita contra a SIDA para o inicio dun tratamento de PTMF sobre a importancia do tratamento e as consecuencias positivas e negativas da adherencia a este.
A.1.3.2.: Elección e inicio dun tratamento de PTMF apropiado para cada paciente embarazada seleccionada e o seu fillo por parte do equipo médico especializado.
A.1.3.3.: Seguimento clínico das pacientes en tratamento PTMF e dos seus fillos ata os 18 meses.
A.1.3.4.: Subministración de leite artificial aos fillos de mulleres que foron tratadas con NV-DU como tratamento de PTMF.
Resultado 1.4.: Proporcionouse asistencia médica integral aos pacientes seroporitivos e as súas familias: Profilaxe, análise de laboratorio e probas complementarias, tratamento de enfermidades oportunistas e asociadas, distribución de soportes alimenticios.
Actividades:
A.1.4.1.: Consultas médicas a pacientes seropositivos.
A.1.4.2.: Realización de análise de laboratorio para a detección de enfermidades oportunistas e/ou endémicas.
A.1.4.3.: Entrega de fármacos para a profilaxe ou tratamento de enfermidades asociadas ao VIH.
A.1.4.4.: Subministración de soportes nutricionais e leite pediátrico a pacientes e fillos de pacientes con síntomas de malnutrición.
Resultado 1.5.: Proporcionouse asistencia psico-social aos pacientes con VIH.
Actividades:
A.1.5.1.: Seguimento individualizado das pacientes por parte das axentes sociais, tanto no relativo á súa medicación coma á súa problemática persoal e familiar.
A.1.5.2.: Asesoramento psicolóxico de persoas que voluntariamente se someten ao test HIV, embarazadas, persoas seropositivas e familiares de enfermos.
Directa: 5.000 persoas (75% mulleres).
175.000,00 (2012: 52.500,00; 2013:122.500,00)