APOIO AO PROGRAMA DE PROMOCIÓN INTEGRAL DA POBOACIÓN RURAL DE SOFALA (MOZAMBIQUE) POR MEDIO DA FORMACIÓN TÉCNICA DOS MESTRES RURAIS “PROXECTO ESMABAMA”
OBXECTIVOS
Apoiar o fortalecemento do programa que leva a cabo a Asociación local Esmabama e cuio obxectivo é a promoción integral da poboación rural da provincia de Safala, atendendo parte das súas necesidades básicas (educación, saúde e desenvolvemento produtivo)
Fortalecer as capacidades de alomenos 140 mestres rurais das rexións de Buzi, Chibabava e Manchanga, mellorando o seu rendemento académico e cualificándoos como axentes de desenvolvemento educativo, a través da súa formación e capacitación en técnicas informáticas
BENEFICIARIOS
140 mestres rurais e 6500 estudantes das catro escolas beneficiarias
ACCIÓNS
- Definición e realización dos traballos de reforma e adecuación das aulas de cada escola
- Reunión para información, difusión e sensibilización sobre o proxecto e colaboración durante a súa execución cos beneficiarios directos, mestres e alumnos
- Adquisición de equipos informáticos e mobiliario para as catro escolas
- Instalación de equipos e mobiliario nas catro escolas
55.035,82 EUROS