Proxectos

Apoio ao Programa Vacacións en Paz

Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos, nacidos no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o pobo saharauí.

Estes/as nenos/as naceron nos campos de refuxiados saharauís, situados desde fai máis de 40 anos na zona da Hamada argelina, en Tindouf, preto da fronteira argelina-saharauí; é dicir, son fillos/as das persoas saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marruecos do territorio do antigo Sáhara español en 1975.

Este proxecto deseñouse co fin de poder trasladar ao maior número de nenos/as lonxe dese territorio hostil, sobre todo nos meses de verán, xa que as condicións atmosféricas son extremas, superando os 50º de calor, facendo a súa vida aínda máis complexa.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

Ministerio de Xuventude Saharauí

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar as condicións de vida dos menores participantes no Programa Vacacións en Paz 2025.

Específico: Trasladar aos 113 menores saharauís procedentes dos campos de refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria) para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

Resultados e actividades: 

RE 1. Financiación dos pasaxes de ida e volta para o traslado de 113 menores saharauís para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

       A.1.1: Contratación do voo para a ida (Tindouf-Galicia) e a volta (Galicia-Tindouf) coa compañía aérea.

       A.1.2: Recollida e traslado ata o voo tanto para a ida como para a volta de 113 menores saharauís procedentes dos campos de refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria) para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 113 nenas/nenos

Axudas: 

100.000 € (2025)