Proxectos

APOIO AO PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO

O convenio constitúe un apoio ás actividades de formación e sensibilización e ao curso de posgrao en cooperación ao desenvolvemento que realiza a USC dende o curso 1998-1999.
A sensibilización dentro da Universidade é un complemento básico na formación académica do estudantado, que ás veces carece de información ao respecto. A Universidade programa varias actuacións de sensibilización dentro da Universidade para achegar á sociedade e o estudantado á cooperación ao desenvolvemento, converténdoa nunha plataforma sensibilizadora moi importante para a sociedade. No Curso de Formación Básica en Voluntariado sempre hai un módulo dedicado á Cooperación Internacional impartido por relatores pertencentes a ONGD de recoñecido prestixio.
O obxectivo do curso de posgrao en cooperación ao desenvolvemento é asegurar a satisfacción da demanda existente, en todos os niveis políticos, para coñecer os marcos lexislativos, os contornos socioeconómicos e a dirección de ferramentas do sistema internacional de cooperación para o desenvolvemento proporcionando unha oferta completa de instrumentos teóricos e prácticos da man de profesionais e académicos con coñecementos e experiencia contrastados.
Período de execución: xaneiro – decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
11420 - Educación universitaria
Obxectivos: 

 Sensibilización do estudantado e da sociedade en xeral da realidade dos países en vías de desenvolvemento e da importancia da cooperación internacional
 Formación de futuros administradores públicos que adquiran unha capacidade dirixente especializada na cooperación internacional, con vista ao seu desenvolvemento no sector público.
 Formación de futuros recursos humanos para as actividades de xestión nas ONG dedicadas á cooperación internacional.
 Especialización na elaboración, xestión e seguimentos de proxectos de cooperación para o desenvolvemento por áreas xeográficas.

Resultados e actividades: 

Realización da convocatoria durante o mes de abril de proxectos de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, para estudantes da Universidade de Santiago de Compostela
Realización da convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) para estudantes da USC
Módulo de Cooperación Internacional e Axuda para ao Desenvolvemento dentro do Curso de Formación Básica en Voluntariado
Seminario sobre Dereitos Humanos Laborais, novas iniciativas na súa defensa.
Curso de posgrao: clases do master (módulos I, II e III); prácticas master con estadías trimestrais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: nas actividades de sensibilización: mocidade universitaria, profesionais interesados no tema, profesores/as da universidade, poboación en xeral; no máster: licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou diplomados.

Axudas: 

60000