Apoio ao reforzo da extensión pesqueira e acuícola en Perú
O proxecto pretendeu incidir na mellora da calidade de vida das comunidades costeiras dependentes da pesca artesanal. A comercialización pesqueira identifícase como un dos aspectos prioritarios a mellorar co fin de incrementar a rendibilidade da actividade extractiva. Por outro lado, o asociacionismo é un dos elementos clave para fomentar o desenvolvemento pesqueiro e concretamente a comercialización. Se ben nas caletas peruanas esixen un grao de asociacionismo elevado, este non se valora como efectivo. Pretendeuse, a través deste convenio, traballar directamente coas Organizacións Sociais de Pescadores Artesanais (OSPA) das caletas, para contribuír ao fortalecemento da súa actividade comercial de forma rendible e sostible.
Direccións Xerais de Pesca Artesanal e Acuicultura do Perú
Obxectivo Xeral: Mellorar a calidade de vida de 14 comunidades pesqueiras artesanais piloto
(2 por rexión) nas rexións de Tumbes, Piura, Lambayeque, La Libertad, Ancash, Lima e Tacna.
Obxectivo Específico: Reforzar as capacidades das comunidades costeiras para incrementar a rendibilidade da actividade extractiva e procesadora da pesca artesanal.
Resulatdo 1.1.: Fortalecidas as ORganizacións Sociais de Pecadores Artesanais (OSPA) en relación á comercialización do peixe.
Actividades:
A.1.1.1.: Obradoiro de traballo con extensionistas,supervisores e expertos para a definición de estratexias e programación das actividades e capacitación aos extensionistas sobre microcréditos, Plans de desenvolvemento concertado, creación e xestión de MYPES e comités de comercialización.
A.1.1.2.: Obradoiro de capacitación aos extensionistas sobre microcréditos, Plans de desenvolvemento concertado, creación e xestión de MYPES e comités de comercialización.
A.1.1.3.: Sesións informativas dos extensionistas coas OSPA's das comunidades piloto para presentar o proxecto, aos expertos, as estratexias, a programación e facer os axustes pertinentes e acompañamento de expertos en dous caletas piloto.
A.1.1.4.: Asesoramento para a creación de comités de comercialización e/ou microempresas. Sesións informativas para as mulleres da comunidade pesqueira artesanal sobre a cadea de comercialización dos produtos hidrobiolóxicos.
Resultado 1.2.: Mellorada a calidade do peixe na primeira venda.
Actividades:
A.1.2.1.: Curso sobre boas prácticas de manipulación de produtos pesqueiros, pesca responsable e elaboración de proxectos para extensionistas.
A.1.2.2.: Curso sobre boas prácticas de manipulación e sobre pesca responsable para pescadores.
Resultado 1.3.: Os mercados valoran a mellora na calidade e pagan máis polo produto.
Actividades:
A.1.3.1.: Proxectos Piloto de Comercialización, incluíndo asesoramento a comités de comercialización e MYPES.
166208