Proxectos

APOIO A CONSTRUCIÓN DA INFRAESTRUTURA DUN MERCADO CENTRAL DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS NA CIDADE DE TEGUCIGALPA, FRANCISCO MORAZÁN

OBXECTIVOS
- Mellorar as condicións de comercialización e calidade dos produtos pesqueiros, así como as condicións sanitarias e ambientais dos produtos pesqueiros consumidos pola poboación da cidade de Tegucigalpa e os seus arredores
- Apoio a construción da infraestrutura necesaria para concentrar as actividades que se desenvolven na comercialización dos produtos pesqueiros nun mercado central da cidade capital  
- Complementar  o ordenamento, xestión e funcionamento das  actividades do mercado de venda de produtos pesqueiros

 ACCIÓNS

Construción de instalacións hidráulicas, módulos de vendas de produtos pesqueiros

- Construción e cimentación de vinte módulos de venda de produtos

- Socialización entre os actores implicados sobre os beneficios do sistema de xestión

- Construción e equipamento da planta de fabricación de xeo

- Equipamento, accesorios e materiais para a sala de fileteo

- Capacitar ao persoal do mercado en boas prácticas involucrado no uso e funcionamento das instalación, os regulamentos para a inspección e certificaión zoosanitaria de produtos pesqueiros e acuícolas, así como o de Saúde Acuícola e Pesqueira

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Plan operativo AECID
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Tegucigalpa (municipio)
Francisco Morazán (departamento)
Axentes: 
OTC HONDURAS
Código CRS: 
31391 - Servizos pesqueiros
Axudas: 

115.000 EUROS