APOIO Á CONSTRUCIÓN DE CUARTOS DE BAÑO NA ILLA DO MAIO
O proxecto prevé a construción de 60 cuartos de baño nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, con vista a combater os actuais índices de insalubridade así coma a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde con vista a contribuír á adopción de novos hábitos de hixiene. Estas campañas serán organizadas a través de procesos participativos e asegurarán o envolvemento directo das asociacións comunitarias das respectivas localidades.
A promoción de mellores hábitos de hixiene contribuirá tanto na redución das taxas de mortalidade infantil, como na redución dos índices de desnutrición e da incidencia de infeccións na poboación beneficiaria. Será aumentada a dignidade e privacidade de todas e todos, particularmente das mulleres, sendo elas quen máis sofre coa falta de sanitarios limpos e seguros.
A acción contribuirá tamén para o alcance das metas dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, particularmente para o ODM 1,4,5 e 7.
Período de execución: abril – decembro 2010
Cámara Municipal do Maio
Contribuír ao logro das metas dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio na illa de Maio, asegurando mellores condicións de salubridade das poboacións e, consecuentemente, unha mellor calidade de vida
Apoio á construción de 60 cuartos de baño nas localidades de Figueira e Ribeira Dom João
Sensibilización das comunidades para o uso e manutención dos cuartos de baño
Directa:
220 persoas,de 60 familias, con vivenda sen cuarto baño, das aldeas de Figueira (142 persoas) e Ribeira Don João (78 persoas)
2 asociacións comunitarias de Figueira e a de Ribeira Don João no ámbito das campañas de sensibilización e educación para a saúde
700 persoas: 500 habitantes de Figueira 200 habitantes de Ribeira Don João.
Indirecta: Cerca de 9.000 habitantes - a poboación da illa
48708