Proxectos

APOIO A IMPLEMENTACIÓN DE MELLORAS NO TRATAMENTO DE RESÍDUOS NA REPÚBLICA DOMINICANA

Apoiar a implementación de melloras no tratamento de resíduos na República Dominicana

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Puerto Plata (provincia)
Santiago (provincia)
Código CRS: 
14081 - Educación e formación en abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos: 

Reforzo das capacidades institucionais das municipalidades de Santiago de los Caballeros e Puerto Plata en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos. Para esto realizouse unha diagnose das necesidades do goberno local, onde se identificaron conxuntamente as carencias que deben ser atalladas, implementando talleres de formación e capacitacións para as técnicas e técnicos responsables da xestión dos residuos. A súa vez preténdese solucionar os problemas que ten a sociedade civil e terá nun futuro, derivados da situación dos vertedoiros.

Resultados e actividades: 

- Elaboración dunha diagnose das capacidades que as mulleres e homes técnicos das municipalidades e da situación dos vertedoiros de Santiago de los Caballeros e Puerto Plata
- Xornadas de traballo en xestión de Residuos Sólidos Urbanos
- Taller de actores no que participen todas as persoas implicadas da sociedade de Santiago de los Caballeros e outro en Puerto Plata, mantendo o balance de xénero e asegurando que todos os sectores da sociedade están representados con especial atención aos máis vulnerables
- Taller de sensibilización en materia medioambiental
-  Reunión coas mulleres e homes prexudicados e excluídos
- Actividad dirixida ao colectivo de mulleres para coñecer a realidade das súas necesidades e disposición

Poboación beneficiaria: 

Directa:  Técnicas e técnicos das municipalidades de Santiago de los Caballeros e Puerto Plata 
Indirecta: Poboación civil de Santiago de los Caballeros e Puerto Plata e das localidades que se integren no futuro plan para xestión de residuos sólidos

Axudas: 

57520