Proxectos

APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO COÑECEMENTO

O proxecto enfoca a cooperación para o desenvolvemento promovida pola Xunta de Galicia dende o punto de vista da mellora do sistema dominicano de innovación e do reforzamento da política de I+D e innovación do goberno da República Dominicana. O proxecto sitúase na liña doutros levados a cabo anteriormente pola Fundación Universidade da Coruña e os seus socios na República Dominicana financiados pola Xunta de Galicia, con agregación de valor, en tanto que as accións a executar achegan novos resultados necesarios para que a política de innovación da República Dominicana poida chegar a consolidarse con medidas concretas que contribúan ao desenvolvemento sostible da República Dominicana.
Período de execución: maio 2010 - novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Sen especificar
Axentes: 
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

Pontificia Universidad Católica Madre y Maestra

Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
Obxectivos: 

Promover a innovación e a economía do coñecemento para o desenvolvemento da República Dominicana, de xeito que acade maiores cotas de prosperidade económica e benestar social en base as actividades de I+D+i.

Resultados e actividades: 

• Accións de formación presencial na sede da PUCMM en Santo Domingo.
• Visitas a sede de universidades e organismos de investigación así como a sede de empresas para entrevista persoal cos responsables
• Celebración de seminario sobre relación universidade-empresa na sede da PUCMM en Santo Domingo.
• Realización da enquisa de actividades de I+D+i que se fan en universidades, organismos públicos de investigación e empresas da República Dominicana.
• Celebración dunha xornada sobre indicadores de I+D+i.
• Avaliación de proxectos de I+D da RD executada por expertos de Galicia nas diferentes áreas da ciencia e a tecnoloxía.
• Visita de investigadores da RD a instalacións de ciencia e tecnoloxía de Galicia para o contacto con investigadores galegos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Conxunto das institucións e persoas que operan no sistema dominicano de innovación. Estímase que este colectivo estará integrado por aproximadamente unhas 300 persoas, traballando de xeito que se manteñan porcentaxes similares en canto á igualdade de xénero.
Indirecta: En torno a unas 900 persoas que é o número de membros que integran o total da comunidade científica dominicana

Axudas: 

174.752,00€ (2010: 87.376,00€ - 2011: 87.376,00€)