Apoio á produción e comercialización do feixón nas comunidades Los Portelos, Los Mangles e Las Carpas, do municipio de Posoltega, Departamento de Chinandega, Nicaragua
O proxecto contempla o fortalecemento do capital productivo, humano, social e natural das comunidades Los Mangles, Los Portillos e Las Carpas do municipio de Posoltega, ca finalidade de que as familias das comunidades incrementen os ingresos económicos para atenuar as situacións de crise de inseguridade alimentaria, por medio do melloramento competitivo da cadea do feixón, facendo énfase nunha producción sostenible co medio ambiente, ben fomentando o desenvolvemento de accións que veñan a mellorar a capacidade de negociación dos productores (calidade, cantidade, coñecementos do mercado e coñecemento do beneficiario do grao, etc.) igualmente traballarase coas organizacións fortalecidas na primeira etapa do proxecto, para afianza-lo establecemento dunha organización solidaria legalmente constituída, a través das cales os productores poidan mellora-los seus sistemas de almacenamento e comercialización.
Para a seguinte proposta preténdese abordar dende cinco ámbitos de intervención, o primeiro está orientado a aumenta-la productividade do cultivo coa introducción de novas tecnoloxías agrícolas que melloren os sistemas de producción agrícolas en harmonía co medio; segundo fomenta-la diversificación de cultivos co obxectivo de integrar á canastra de producción outras alternativas que propicien maior participación familiar, acheguen productos de consumo, xeren ingresos e por ende ampliando alternativas de producción na zona; terceiro, formando e sensibilizando as familias das comunidades beneficiarias, coa problemática actual de deterioración do medio, a xestión do risco, e adaptación do cambio climático, coa finalidade de aproveitar e conserva-los recursos naturais; cuarto, fortalecer unha organización legalmente constituída coa capacidade de xestionar e comercializa-la producción en forma grupal, á vez traballarase en establecer un sistema de retención de colleita, para que os productores/as poidan vender a producción na época de mellor prezo do producto no mercado; e quinto, fortalece-las capacidades dos productores para crear unha visión micro-empresarial, coñecementos do mercado e facilitar espazos de venda do producto.
Cruz Vermella Nicaragüense
Obxectivo xeral: Contribuír á xeración de ingresos das comunidades de Los Mangles, Los Portillos e Las Carpas do Municipio de Posoltega, Departamento de Chinandega.
Obxectivo específico: Mellorada a capacidade de producción e comercialización sostible do feixón con familias das comunidades rurais de Los Mangles, Los Portillos e Las Carpas do Municipio do Posoltega, Departamento de Chinandega. Fase II.
Resultado 1
A.1.1.1 Realización de capacitacións productivas, intercambio de experiencias en agricultura orgánica con énfase en áreas protexidas, coa participación activa da familia.
A.1.1.2 Fomenta-la realización de obras de conservación de chans e auga (diques de pedra, estacadas, barreiras mortas, barreiras vivas, canles de abas, abonos verdes).
A.1.1.3 Introdución de novas tecnoloxías agrícolas que veñan a reduci-los riscos de perdida por danos ocasionados no proceso de colleita do gran e post colleita coa participación activa de homes e mulleres.
A.1.1.4 Acompañamento e asesoramento, na planificación e o uso do crédito para a producción.
Resultado 2
A.1.2.1 Establecemento e seguimento técnico das plantacións comerciais (exemplo: piña, pitahaya, plátano, iuca e papaia) coa participación activa de homes e mulleres.
A.1.2.2 Introducción de tecnoloxía de rego (sistemas de rego por goteo) para o uso racional do recurso auga.
A.1.2.3 Proceso formativo no manexo de cultivos alternativos, a escala comercial.
Resultado 3
A.1.3.1 Construcción de obras de colleita de auga. (reservorios, lagunetas, estanques, canles de teito) como medios de recolección de auga.
A.1.3.2 Capacitación a productores/ás en plan de manexo de áreas protexidas, divulgación da lei ambiental 227.
A.1.3.3 Campaña de promoción para fomenta-la labranza mínima, manexo de restrebas, non queimar, sementeira en relevo, manexo da rexeneración natural do bosque, cercas vivas, cultivos en quellas.
A.1.3.4 Proceso formativo para mellora-lo uso de información para a toma de decisións en materia de reducción de riscos e adaptación ó cambio climático, concluíndo cun plan de reducción do risco.
Resultado 4
A.1.4.1 Concertación e proceso de formación dunha organización solidaria.
A.1.4.2 Fomenta-la planificación, cooperación, participación de home e mulleres nos procesos de comercialización.
A.1.4.3 Acondicionamento do celeiro comunitario, facendo énfase no desenvolvemento de capacidades das estructuras comunitarias, administración de fondos, xestión orientada ó manexo do celeiro comunitario, así como promove-la igualdade de xénero nos procesos organizativos e de toma de decisión.
A.1.4.4 Establecemento e desenvolvemento dun sistema de retención de colleita, para o almacenamento da producción, á espera de procesos de negociación que permitan acceder a mellores prezos no mercado.
A.1.4.5 Acompañamento en procesos de negociación para a comercialización do feixón.
Resultado 5
A.1.5.1 Capacitación en aspectos de desenvolvemento e administración empresarial.
A.1.5.2 Realización de sesións formativas sobre a importancia da identificación das preferencias do mercado (variedade, calidade e presentación do producto, así como o seguimento aos sondaxes de mercado, deseño e implementación del plan de comercialización realizado polas estructuras comunitarias.
A.1.5.3 Crear espazos de promoción do producto.
A.1.5.4 Facilitación de cursos de formación a directivos, contabilidade, manexo de caixa, manexo de inventarios. etc.
Actividades comúns
Realización de avaliación externa do proxecto.
Coordinación institucional, sinaturas de actas de colaboración, convenios.
Proceso de transición á asociación de productoras.
Directa: 95 familias. Os beneficiarios directos do proxecto son 595 persoas que representan 95 familias productoras de feixón.
Indirecta: 120 familias. A dinamización da economía das comunidades beneficiaría de forma indirecta a 745 persoas das mesmas comunidades. Son comunidades rurais con economias de subsistencia, dedicadas á agricultura e gandería como as súas principais fontes de ingresos.
151.391,00 € (2011: 52.987,00 € - 2012: 98.404,00 €)