APOIO A PRODUTORAS E PRODUTORES PARA A REALIZACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS AGROSILVOPASTORAIS E REDUCIÓN DE ÁREAS DEGRADADAS EN CATRO COMUNIDADES DA PARTE ALTA DE SUBCONCA DO RÍO VIEJO (JINOTEGA). NICARAGUA
Apoiar a produtoras e produtores para a realización de boas prácticas agrosilvopastorais e redución de áreas degradadas en catro comunidades
Asociación de Educación e Comunicación La Cuculmeca
Contribuír a garantir a calidade e sustentabilidade dos recursos naturais aos que ten acceso a poboación da parte alta da subconca do Río Viejo
Reducir a área degradada nas zonas vulnerables para o recurso hídrico nos territorios pertencentes ás 4 comunidades
- Diagnose socioambiental das fincas de 60 familias, mediante talleres familiares onde participe toda a unidade familiar, así como medicións de tipo técnico
- Deseño dos plans de finca das 60 familias. Baseado na diagnose e nas priorizacións e visión da familia, así como nas recomendacións técnicas dadas polo facilitador
- Implementación dos plans de finca das 60 familias mediante extensión técnica agrosilvopastoral en toda a duración do proxecto por parte do facilitador, facendo o seguemento da execución dos plans de manexo de finca
- Construción de 20 biodixestores con cociñas melloradas, e posta en marcha con primeira carga, para produtoras e produtores con gando suficiente segundo os plans de manexo de fincas
- Capacitación da poboación beneficiaria no uso de tecnoloxías máis eficientes de aproveitamento enerxético
- Manexo de árbores enerxéticas nas fincas das 60 familias beneficiarias, con creación de almácigo, plantación e mantemento. Serán 125 árbores por familia
- Manexo de árbores en rexenerado natural e a partir de almácigo, nas fincas das 60 familias beneficiarias, con creación de almácigo ou recollida de sementes e plántulas, plantación e mantemento. Serán 75 árbores por familia
- Realización dalgunhas obras de conservación de solo, auga e vexetación (acequias e zanxas de drenaxe, barreiras físicas e biolóxicas, setos vivos, peches de rexeneración en sistemas silvopastorais, restauración de bosque de galería, vados en camiños para paso de auga, muros de contención e terrazas para cultivos a nivel) segundo plans de manexo de fincas
- Capacitación e difusión dos problemas da deforestación e a necesidade das boas practicas agrosilvopastorais con talleres nas 4 comunidades con invitación a toda a xente da comunidade (incluídas nenas e nenos)
Directa: 60 familias das comunidades de La Colmena, Boniche, La Brellera e San Ramón, unhas 420 persoas
Indirecta: habitantes da parte alta da subconca do río Viejo. O proxecto beneficiará neste sentido a unhas 5.500 persoas
96342