Apoio á promoción da soberanía alimentaria e á medicina tradicional con equidade de xénero nas Rexións de Oio, Cacheu e Bafata. Guinea Bissau
O proxecto parte da preocupación fundamental de contribuír á redución da pobreza rural e a mellora das condicións de saúde da poboación rural de 70 comunidades das rexións de Oio, Cacheu e Bafata integradas na federación campesiña KAFO, beneficiando directamente a unha poboación estimada de 1.400 persoas (50% mulleres). As accións propostas articúlanse en torno a dúas compoñentes principais: soberanía alimentaria e saúde comunitaria tradicional.
No relativo á soberanía alimentaria, traballarase particularmente na xestión sostible da terra agrícola mediante a promoción entre o campesiñado e formación do mesmo en prácticas como a fertilización de cultivos con abonos orgánicos, o control biolóxico de pragas con pesticidas naturais ou a preservación de sementes tradicionais. Por último, melloraranse as condicións de acceso a auga potable a través da extensión en 30 comunidades de tecnoloxías apropiadas para a súa purificación.
As accións no ámbito da saúde comunitaria realizaranse coa participación de 54 integrantes (50% mulleres) da Asociación de Curandeiros de KAFO que contribuirán á mellora da saúde das comunidades rurais mediante a posta a disposición da poboación local de medicamentos elaborados a base de plantas tradicionais para o tratamento dunha vintena das enfermidades de maior incidencia no país, contribuíndo á súa redución. Asemade, os e as curandeiras verán mellorada a infraestrutura da que dispoñen na localidade de Djalicunda para a consulta médica e a venda de medicamentos e participarán en formacións e intercambios de experiencias nos que poderán mellorar os seus coñecementos sobre o uso de plantas medicinais e as técnicas de curación. Finalmente, a realización de inventarios de plantas tradicionais e a elaboración de materiais divulgativos sobre as mesmas, contribuirá a espallar o coñecemento e o nivel de conciencia sobre o valor das plantas tradicionais dispoñibles a nivel local.
Federação camponesa KAFO
Resultado 1.1.: Mellorada a fertilidade de 525 hectáreas de chan agrícola en 35 tabancas a través do dominio de compostaxe biolóxico.
Actividades:
A.1.1.1.: Tres formacións sobre técnicas de compostaxe a 35 homes e 35 mulleres e Vulgarización da tecnoloxía de compostaxe biolóxica en 35 tabancas.
A.1.1.2.: Participación de 35 homes e 35 mulleres na produción de compostaxe biolóxica e a fertilización de 525 hectáreas de campo agrícola.
A.1.1.3.: Creación de 35 comités de xestión sobre técnicas de compostaxe e vulgarizacion.
A.1.1.4.: Gravación e edición de vídeo sobre técnicas de fabricación de compostaxe.
Resultado 1.2.: Aseguradas as culturas alimentarias mediante o control biolóxico das pragas a través do emprego de pesticidas naturais en 70 tabancas.
Actividades:
A.1.2.1.: Seis formacións sobre control biolóxico das pragas a 50 mulleres e 50 homes, tratamento de 75 hectáreas de 8 culturas alimentarias en 50 tabancas e vulgarización de control biolóxico en 70 tabancas.
A.1.2.2.: Creación de 50 comités de xestión con equidade de xénero sobre técnicas de control biolóxico de pragas e vulgarización.
A.1.2.3.: Gravación e edición dun vídeo sobre control biolóxico de pragas.
Resultado 1.3.: Preservado o patrimonio de sementes locais tradicionais de 8 variedades de culturas alimentarias estratéxicas en 70 tabancas.
Actividades:
A.1.3.1.: Seis formacións sobre técnicas de preservación de sementes a 70 mulleres e 70 homes das 70 tabancas e 8 variedades de culturas alimentarias e vulgarización de sementes tradicionais conservadas.
A.1.3.2.: Creación de 70 comités de xestión con equidade de xénero sobre técnicas de preservación e vulgarización de sementes.
A.1.3.3.: Elaboración de material de comunicación e difusión sobre preservación de sementes (fichas técnicas, dípticos, carteis, cuñas publicitarias para as radios comunitarias).
A.1.3.4.: Seis formacións en sistema de xestión de sementes e de melloría das condicións de conservación a 70 mulleres e 70 homes das 70 tabancas.
Resultado 1.4.: Reducida a precariedade de acceso equitativo á auga potable a través do dominio da tecnoloxía apropiada de purificación de auga en 30 tabancas con pozos tradicionais.
Actividades:
A.1.4.1.: 8 Formacións sobre técnicas de purificación da auga a 35 mulleres e 35 homes e vulgarización de técnicas de purificación en 35 tabancas.
A.1.4.2.: Creación de 35 Comités de xestión con equidade de xénero para purificación de auga en 35 tabancas.
A.1.4.3.: Instalación de equipo demostrativo de purificación de auga con ozono.
A.1.4.4.: Gravación e edición dun vídeo sobre purificación de augas.
Resultado 2.1.: Melloradas as infraestruturas da Asociación de curandeiros de KAFO e ampliados os coñecementos de plantas medicinais de 27 mulleres e 27 homes curandeiros/as sobre tratamento de 8 enfermidades prioritarias.
Actividades:
A.2.1.1.: 27 mulleres e 27 homes formados sobre as propiedades medicinais das plantas locais e tipos de enfermidades prioritarias a tratar.
A.2.1.2.: 27 mulleres e 27 homes formados sobre técnicas de produción de medicamentos a base de plantas medicinais.
A.2.1.3.: Catro intercambios de experiencias sobre medicina tradicional realizados con participación de 27 mulleres e 27 homes e difusión dos intercambios.
A.2.1.4.: Inventario de 100 plantas medicinais existentes no xardín botánico no Centro de Formación de Djalicunda, inventario 100 plantas medicinais en 10 florestas comunitarias e difusión de ambos inventarios.
A.2.1.5.: Rehabilitación das 3 infraestruturas da Asociación de curandeiros de KAFO en Djalicunda.
Resultado 2.2.: Destacado o rol fundamental de 160 mulleres curandeiras na promoción da saúde comunitaria tradicional e visibilizado o seu papel nas 70 tabancas.
Actividades:
A.2.2.1.: Seis formacións sobre igualdade de xénero a 160 mulleres e 106 homes membros da Asociación de curandeiros de KAFO.
A.2.2.2.: Tres accións de sensibilización e tres accións de difusión para visibilizar e recoñecer o papel fundamental das mulleres curandeiras como elementos claves da saúde comunitaria.
Resultado 2.3.: Dominadas as técnicas de transformación apropiadas e conservación de 100 plantas medicinais en medicamentos para tratamento de 20 enfermidades prioritarias e recoñecemento institucional nacional dos medicamentos elaborados.
Actividades:
A.2.3.1.: Producidos, transformados e conservados 20 medicamentos con plantas tradicionais postos a disposicións en 8 espazos de comercialización locais, rexionais e nacionais.
A.2.3.2.: Elaboración de 1 manual práctico de medicina tradicional, difusión do manual e difusión de 20 medicamentos tradicionais con plantas medicinais a través dun plan de difusión específico.
A.2.3.3.: Establecer 1 marco de colaboración formal co MINSAP para o recoñecemento legal das plantas medicinais e a comercialización dos medicamentos transformados.
A.2.3.4.: Gravación e edición dun vídeo sobre uso de plantas medicinais.
Directa: 1.400 persoas (50% mulleres).
Indirecta: 4.200 persoas.
168.105,00 (2012: 50.431,50; 2013: 117.673,50)