Proxectos

Apoio psicosocial para as vítimas da operación “Protective Edge” na franxa de Gaza

UNRWA traballa desde hai máis de 6 décadas na Franxa atendendo á poboación refuxiada en todos os aspectos básicos para o desenvolvemento: saúde, educación e servizos sociais.
Ademais, nestes anos deu resposta ás frecuentes crises humanitarias que a poboación gazatí tivo que afrontar como consecuencia do conflito, entre elas, dúas intifadas e máis de 5 operacións militares nos últimos 10 anos.
Unha das liñas prioritarias de intervención previstas no Plan de Resposta da UNRWA é o tratamento e apoio psicolóxico nos refuxios á poboación desprazada.
Para facilitar o tratamento e apoio psicolóxico da poboación desprazada, UNRWA contrata a profesionais da saúde mental (psicólogos/as, psiquiatras e terapeutas) que realizan distintas actividades entre as que destacan: as escolas-refuxio que atenden e dan orientación ás familias e individuos (con especial atención a aqueles casos que viviron unha situación especialmente difícil) ; a xeración dun proceso de reconstrucción psicosocial na comunidade unha vez cesan as hostilidades a través de terapias individuais orientadas aos nenos e nenas nas escolas de UNRWA; terapias grupais na aula para a adaptación á escola e a familia; orientación a docentes e pais para acompañar ás e aos menores no proceso de duelo e recuperación do trauma e sensibilización na comunidade e, por último, participación da poboación en actividades grupales de rehabilitación e resiliencia.

 

 

 

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

 UNRWA

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Reducir o impacto psicolóxico da operación “Protective Edge” na poboación gazatí.
Obxectivo específico: Paliar os efectos psicolóxicos da situación na franxa de Gaza a través da atención psicosocial especializada.

 
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Aumentado o acceso a servizos de atención psicosocial das persoas máis vulnerables da Franxa de Gaza.
Actividades:
A.1.1.1: Identificación da poboación destinataria.
A.1.1.2: Contratación de terapeutas, psicólogos e psiquiatras.
A.1.1.3: Definición da metodoloxía das terapias e sesións.
A.1.1.4: Realización de terapias de grupo, talleres de saúde mental e terapias individualizadas.
A.1.1.5: Recolección de datos de impacto e incidencia.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5.419 persoas
Indirecta: Polo carácter da intervención non existe poboación beneficiaria indirecta.

 

Axudas: 

19.975 € (2014)