APOIO Á REALIZACIÓN DO CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO SOBRE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO E XESTIÓN DE ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS (5ª EDICIÓN)
Contribuír á mellora continua da cooperación para o desenvolvemento galega de forma que as intervencións xurdidas dende esta comunidade redunden no beneficio das persoas máis desfavorecidas nos países do sur e promovan en último termo a loita contra a pobreza e as metas establecidas nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Formar a expertos en cooperación ao desenvolvemento que poidan traballar nos centros públicos e privados nacionais e internacionais da cooperación ao desenvolvemento, así como mellorar as habilidades de xestión das persoas que participan nas Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento para que poidan formular e xestionar os seus proxectos e actuacións cun maior grao de eficacia e eficiencia.
O curso conta con clases teóricas e un programa de prácticas no que participan máis de 15 organizacións da sociedade civil, fundamentalmente galega.
Os alumnos que participen no curso de formación específica de posgrao, entre 20 e 30 persoas.
25.000,00 euros