APOIO Á REALIZACIÓN DO MÁSTER EN XESTIÓN DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL E DAS ONGD (X EDICIÓN)
- Formación de futuros administradores públicos que adquiran unha capacidade dirixente especializada na cooperación internacional, con vista ao seu desenvolvemento no sector público.
- Formación de futuros recursos humanos para as actividades de xestión nas ONGD dedicadas á Cooperación Internacional.
- Especialización na elaboración, xestión e seguimento de proxectos de cooperación para o desenvolvemento por áreas xeográficas.
- Formación de directivos e especialistas na xestión pública da Cooperación Internacional e das ONGD, prestando especial atención á cooperación na África Subsahariana e América Latina.
- Estudo específico das relación sociais, económicas, políticas e xurídicas nas áreas da África Subsahariana e América Latina.
- Desenvolvemento de habilidades directivas, especialmente referidas á toma de decisións, comunicación, traballo en equipo, negociación e resolución de conflitos.
O Máster consta dunha parte teórica de 390 horas e dunha parte práctica de 110 horas.
Oito alumnos do Máster realizarán estadías de tres meses de duración nun país en vías de desenvolvemento financiadas pola Xunta de Galicia xunto coa USC.
O Máster está dirixido a licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou diplomados. Diplomados con dous anos de experiencia.
56.800,00 euros