APOIO Á RECUPERACIÓN DAS ACTIVIDADES PRODUTIVAS PARA AS FAMILIAS AFECTADAS POLO CICLÓN NARGIS EN MYANMAR
O programa inclúe 7 sectores de intervención: distribución de alimentos; aloxamento; saúde e nutrición; auga, saneamento e hixiene; educación; protección infantil; medios de vida; e seguridade alimentaria
ALIANZA INTERNACIONAL SAVE THE CHILDREN
Reducida a dependencia de axuda humanitaria para as familias vulnerables máis afectadas polo paso do ciclón Nargis, a través da recuperación das actividades produtivas e a recuperación dos seus activos, de forma a que sexan capaces de cubrir as súas necesidades.
1. Selección das comunidades máis afectadas que tamén mostran un alto número de necesidades non identificadas.
2. Socialización do proxecto.
3. Identificación participativa dos máis pobres e vulnerables en cada comunidade.
4. Identificación rápida de necesidades, para a mellor comprensión do tipo de actividades produtivas que os máis pobres e os fogares sen terras desenvolven frecuentemente.
5. Acordos de apoio e facilitación dos fogares individuais na toma de decisións no uso de fondos para a adquisición de activos.
6. Facilitar a compra ou adquisición directa de bens os bens máis comúns solicitados.
7. Avaliación do proxecto.
Poboación beneficiaria directa: 15.625 individuos
Presuposto total do proxecto: 291.000 euros
200.000 Euros