Proxectos

APOIO Á REHABILITACIÓN AGRÍCOLA E SOCIAL EN DÚAS COOPERATIVAS DO MUNICIPIO DE PALMA, PINAR DEL RÍO, AFECTADAS CO PASO DOS FURACÁNS GUSTAV E IKE EN CUBA

As accións deste proxecto van dirixidas a apoiar a rehabilitación, tanto produtiva como social, de dúas cooperativas de produción agropecuaria dos municipios La Palma na provincia de Pinar del Río, seriamente afectadas tras o paso dos fortes e intensos furacáns Gustav e Ike nos meses de agosto e setembro de 2008.
A consecuencia do paso dos furacáns a provincia de Pinar del Río recibiu graves danos e, en particular, a agricultura foi severamente afectada. Coa presente proposta preténdese desenvolver estratexias de desenvolvemento en dúas cooperativas do municipio que permitan reactivar a súa capacidade produtiva para lograr melloras e incrementos nos seus rendementos produtivos que poidan alcanzar niveis de produción iguales aos que estas tiñan antes do paso dos ciclóns. As principias accións desta proposta están encamiñadas a recuperar as áreas produtivas de dúas cooperativas e á vez a mellorar a situación de habitabilidade das familias de campesiños/as que traballan nas mesmas cooperativas.
Esta mellora alcanzaríase coa adquisición da maquinaria agrícola indispensable para reactivar o proceso produtivo e restablecer a dispoñibilidade de alimentos para todas as persoas campesiñas que sufriron perdas parciais nas súas vivendas coa entrega de materiais de construción: coa subministración ás familias máis afectadas do mesmo colectivo dun paquete de vivenda e dun paquete de saneamento que lles procure as condicións axeitadas de habitabilidade

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
Contraparte: 

Asociación Nacional de Agricultores Pequenos (ANAP)

Código CRS: 
73010 - Axuda á reconstrución e rehabilitación
Obxectivos: 

OX: Contribuír á reactivación da capacidade de produción de alimentos e mellora das condicións habitacionais en dúas cooperativas de Produción Agropecuaria do Municipio La Palma, e redución da súa vulnerabilidade fronte a estes fenómenos naturais.
OE: Rehabilitación da maquinaria agrícola e da vivenda nas CPA Augusto Cesar Sandino e Miguel Betancourt do Municipio La Palma.

Resultados e actividades: 

OX: contribuír á reactivación da capacidade de produción de alimentos e mellora das condicións habitacionais en dúas cooperativas de produción agropecuaria do municipio La Palma, e redución da súa vulnerabilidade fronte a estes fenómenos naturais.
OE: rehabilitación da maquinaria agrícola e da vivenda nas CPA Augusto César Sandino e Miguel Betancourt do municipio La Palma.
 

Axudas: 

50000