Apoio á Seguridade Alimentaria e Nutricional de 150 familias vulnerables vinculadas ó sector pesqueiro e marisqueiro da Bahía de la Unión, El Salvador
O proxecto ten como obxectivo específico reducir os déficits nutricionais en familias vinculadas ao sector pesqueiro e marisqueiro da Bahía de la Unión, mediante a promoción de hábitos saudables de alimentación e a produción e utilización biolóxica de alimentos saudables e inocuos, garantindo a igualdade de xénero. Deste xeito, se fomentará o incremento da dispoñibilidade de alimentos adecuados e accesibles nos mercados locais e mellorarán a saúde nutricional das familias beneficiarias.
Asociación Promoción para la Salud (PROMESA)
Obxectivo xeral: Contribuír a “garantir o dereito a unha alimentación saudable para poboacións en condicións de maior vulnerabilidade promovendo a seguridade alimentaria e nutricional”, no departamento de La Unión.
Obxectivo específico: Reducidos os déficits nutricionais en familias vinculadas ao sector pesqueiro e marisqueiro da Bahía de Unión, mediante a promoción de hábitos saudables de alimentación, produción resiliente ao cambio climático e utilización biolóxica de alimentos saudables e inocuos, garantindo a igualdade de xénero.
Resultado.1.1 Incrementada a dispoñibilidade, o acceso e a diversificación de alimentos mediante o aproveitamento de mariscos e produtos agroecolóxicos para as familias en risco de vulnerabilidade alimentaria.
Actividades
A.1.1.1 Elaborar 150 diagnósticos rápidos de finca con participación de mulleres.
A.1.1.2 Formar, brindar asistencia técnica e apoiar a instalación de hortos familiares con enfoque agroecolóxico, orgánico e limpo.
A.1.1.3 Establecemento de estanques comunitarios para a crianza de mariscos para balancear a dieta familiar.
A.1.1.4 Establecer un banco de sementes crioulas administrado polas comunidades.
A.1.1.5 Fomentar o intercambio comunitario de produtos agroecolóxicos resilientes ao cambio climático.
Resultado.1.2 Mellorado o estado nutricional de 150 familias afectadas pola desnutrición e malnutrición.
Actividades
A.1.2.1 Elaborar diagnóstico nutricional e monitorio periódico de familias beneficiarias, en coordinación coa Unidade de Saúde Municipal.
A.1.2.2 Capacitar en hábitos hixiénicos e nutricionais saudables a 150 familias vulnerables para incentivar o consumo e utilización biolóxica de alimentos proteicos e vitamínicos producidos a nivel local.
A.1.2.3 Complementación da dieta de familias vulnerables con especial atención a mulleres embarazadas e en período de lactación, nenas e nenos menores de 5 anos.
A.1.2.4 Dotación de (75) filtros de auga potable e cociñas de baixo consumo de leña a (75) familias campesiñas vulnerables para a prevención de enfermidades gastrointestinais.
Resultado.1.3 Promovida a autonomía económica de mulleres produtoras, a través, da creación de novos negocios e a comercialización dos seus produtos.
Actividades
A.1.3.1 Realización dun diagnóstico da situación das mulleres no ámbito organizativo, político e socio económico nos municipios de La Unión e San Alejo.
A.1.3.2 Elaborar e aplicar plans de negocios para a formación e posta en marcha de iniciativas económicas comunitarias, dirixidas a mulleres.
A.1.3.3 Desenvolver xiras de intercambio de experiencias económicas exitosas manexadas por mulleres.
A.1.3.4 Sistematizar as experiencias exitosas.
Directa: En total beneficiaranse directamente 606 persoas (150 familias) de 7 comunidades pertencentes a 2 municipios (La Unión e San Alejo) de Bahía de la Unión. Las familias beneficiarias dedícanse principalmente á extracción de pesca e mariscos na Bahía de La Unión.
Indirecta: beneficiaranse 5.575 persoas, total de persoas que residen nas 8 comunidades beneficiarias.
171.615,00 € (2015: 85.807,50 €; 2016: 85.807,50 €)