APOIO TÉCNICO NO DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE PESCA ARTESANAL E ACUICULTURA EN PAÍSES TERCEIROS
O proxecto pretende dar resposta aos requirimentos das contrapartes para reverter a situación de carencias e necesidades tanto formativas como materiais detectadas en diferentes ámbitos do sector pesqueiro artesanal.
Período de execución: outubro – decembro 2009
Organización del Sector Pesquero y Acuícola de Istmo Centroamericano (OSPESCA)
Desenvolvemento da actividade pesqueira e acuícola e apoio na seguridade dos pescadores artesanais.
Apoiar aos participantes á aplicación real dos coñecementos adquiridos na formación e que repercuten directamente na súa seguridade á hora de exercer a súa profesión de pescador/a
Promover a participación e apoio dos centros de investigación pesqueira de Centroamérica para a xestión dos recursos mariños
Dotación de equipamento de seguridade do PROFOPAC
Promoción ao desenvolvemento da acuicultura rural en América Latina. GALAQUA.
Apoio a accións de investigación para a sustentabilidade de recursos pesqueiros.
Apoio á organización do “I Simposio Iberoamericano de Ecología Reproductiva" (SIBECORP) 24-28 novembro 2009, Vigo
Directa: pescadores artesanais, pequenos produtores acuícolas, técnicos e asesores en pesca e acuicultura, e investigadores de universidade e centros públicos, todos eles pertencentes ao Istmo Centroamericano
115.000 e