Apoio a tres puntos de saúde en Cisxordania para atención a persoas refuxiadas de Palestina máis vulnerables con enfoque de xénero
Nesta intervención levada a cabo pola Asociación Comité Español da UNRWA preténdese prestar servizos sanitarios primarios integrais e de calidade, en especial nas comunidades máis vulnerables á ocupación en Cisxordania, mediante o mantemento de tres puntos de saúde Adh Dhahiriya Beit Awwa e Ar Ramadin no gobernorado de Hebrón, en Cisxordania (tPo) durante 12 meses. Estes puntos están situados en zonas rurais e illadas, sen acceso a servizos sanitarios. Os tres centros sitúanse en zonas nas que Israel exerce o control, o que dificulta o movemento da poboación para recibir os servizos de saúde. Por iso, este proxecto pretende prestar atención en saúde primaria cun enfoque familiar, saúde materno infantil, con incidencia na atención en planificación familiar, atención a mulleres que queren quedar embarazadas, atención perinatal e atención postnatal e a nenos e nenas ata os 12 meses e finalmente, atención a persoas con enfermidades crónicas non transmisibles (diabetes, hipertensión...). Ademais disto, o equipo de saúde realiza actividades de prevención e de promoción dun estilo de vida saudable con actividades comunitarias
UNRWA (Agencia de Naciones Unidas para la población refugiada de Palestina en Oriente Próximo)
Xeral: Garantir o dereito á saúde primaria das comunidades máis vulnerables á ocupación en Cisxordania.
Específico: Garantir o acceso á atención primaria de saúde das comunidades máis vulnerables á ocupación en Cisxordania cun enfoque de xénero na prestación dos servizos.
RE 1.1 Prestados servizos sanitarios primarios integrais e de calidade, en especial nas comunidades máis vulnerables á ocupación en Cisxordania, mediante o establecemento de tres puntos de saúde primaria
A.1.1.1. Planificación dos puntos de saúde
A.1.1.2. Desenvolvemento das consultas de atención primaria xeral nos puntos de saúde
A.1.1.3. Planificación familiar
A.1.1.4. Coidados perinatais
A.1.1.5. Coidado integral a menores de 12 meses
A.1.1.6. Seguimento da intervención
Directa: 11.053 (5.415 mulleres; 1.655 homes; 1.521 nenos; 2.462 nenas)
Indirecta: 75.929 (29.788 mulleres; 28.619 homes; 8.936 nenos; 8.586 nenas)
Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 €