Proxectos

A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase II

Grazas á colaboración entre Farmamundi e a Universidade de Santiago de Compostela lévanse a cabo diversos proxectos e iniciativas con estudos de educación superior, principalmente dentro das ramas sociais e sanitarias, co fin de fortalecer as capacidades da comunidade universitaria (alumnado, profesorado, persoal docente e investigador, principalmente) en materia de saúde comunitaria baseado nun enfoque feminista desenvolvido a través metodoloxías participativas que permitan promover procesos de transformación social na defensa do dereito á saúde global a través da metodoloxía pedagóxica da Aprendizaxe-Servizo (ApS) e a Investigación-Acción Participativa (IAP).

O proxecto emana das intervencións levadas a cabo durante os cursos académicos 2017/2018, 2018/2019, 2019/2020 e constitúe unha segunda fase do proxecto “A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria”, proxecto en marcha no curso 2020/2021, no que se aborda a promoción de procesos educativos en materia de dereito á saúde, saúde global e comunitaria, ODS e equidade de xénero, tanto con profesorado, alumnado e persoal docente e investigador de disciplinas académicas da rama social (Grao en Traballo Social) e sanitaria (Mestrado en Saúde Pública, Grao en Farmacia) coma con entidades sociais e con traballadores/as sociais do barrio de Vite en Santiago de Compostela, principalmente.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia, consciente e comprometida coa saúde comunitaria e o desenvolvemento humano, dende os enfoques baseados en dereitos humanos, de xénero en desenvolvemento, interseccionalidade e sostibilidade medioambiental no marco dos ODS e en contexto de post-pandemia.

Específico: Desenvolvidas as competencias da comunidade educativa da Universidade de Santiago de Compostela para impulsar procesos comunitarios locais de transformación social vinculados con saúde comunitaria e conectados co Sur Global dende as metodoloxías o aprendizaxe-servizo solidario, a investigación-acción participativa e dende o modelo de saúde comunitaria baseada en activos, incorporando os enfoques BDH+XED+I+SM do proxecto.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Desenvolvidas as competencias de profesorado universitario da USC (TdR) da rama socio-sanitaria para formar en materia de saúde comunitaria desde o modelo SCBA, mirada global, no marco dos ODS e incorporando os enfoques BDH+XED+I+SM do proxecto.

            A.1.1.1. Identificación de iniciativas de saúde comunitaria con entidades latinoamericanas para identificar boas prácticas en experiencias transformadoras.

            A.1.1.2. Deseño de recursos pedagóxicos sobre o dereito á saúde con enfoque de xénero, baseado nos Dereitos Humanos e interseccionalidade, facendo fincapé na saúde comunitaria.

            A.1.1.3. Formación sobre saúde comunitaria baseada en activos para profesorado universitario.

            A.1.1.4. Biblioteca virtual de intercambio de coñecemento e boas prácticas sobre Saúde Global e Comunitaria.

RE 1.2. Incrementado o coñecemento e a sensibilidade do alumnado universitario da USC en materia de DDHH, dereito á saúde, saúde comunitaria e ODS desde unha mirada glocal e incorporando os enfoques BDH+XED+I+SM do proxecto.

            A.1.2.1. Seminarios marco sobre Dereito á saúde baixo un enfoque baseado en DDHH, e de xénero, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e enfermidades esquecidas, abordando os desafíos para promover sociedades saudables, equitativas e  sustentables tanto a nivel local coma global.

            A.1.2.2. Xornada-debate sobre Dereito á saúde, uso racional de medicamentos e resistencia a antibióticos.

            A.1.2.3. Deseño e impartición dunha formación sobre Saúde Comunitaria Baseada en Activos para o alumnado universitario.

            A.1.2.4.  Biblioteca virtual de intercambio de boas prácticas e coñecementos para alumnado universitario e de centros de educación secundaria.

RE 1.3. Impulsadas tres experiencias transformadoras de saúde comunitaria dende o modelo SCBA, mirada local e protagonizadas pola comunidade universitaria da USC por medio da colaboración con entidades sociais radicadas na  provincia da Coruña (TdR actuales y futuras/os) que promovan os ODS incorporando os enfoques BDH+XED+I+SM do proxecto.

            A.1.3.1. Desenvolvemento e acompañamento no proxecto de ApS “MicroMundo”.

            A.1.3.2. Deseño, desenvolvemento e acompañamento no proxecto ApS "Mapeo e identificación de activos de saúde".

            A.1.3.3. Deseño, desenvolvemento e acompañamento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”.

RE 1.4. Sensibilizada a cidadanía galega por medio da socialización das experiencias transformadoras en saúde comunitaria protagonizadas pola comunidade universitaria da USC e entidades sociais galegas incorporando os enfoques BDH+XED+I+SM do proxecto e mirada global e enmarcada nos ODS e poñendo a disposición a sistematización das experiencias de aprendizaxe a través de testemuñas clave e procesos de “cambio máis significativo”.

            A.1.4.1. Deseño e implementación Plan Educomunicación.

            A.1.4.2. Elaboración dun vídeo que recolla a experiencia do proxecto de ApS Micromundo.

            A.1.4.3. Deseño e elaboración dunha exposición sobre dereito á saúde a nivel global por parte do alumnado do proxecto de ApS MicroMundo.

            A.1.4.4. Elaboración dun mapa de activos /sala cartográfica na microsite do proxecto.

            A.1.4.5. Elaboración de testemuños de "cambio máis significativo" por parte da poboación implicada no proxecto.

            A.1.4.6. Xornadas de devolución, celebración e clausura comunitaria.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Un total de 3.013 persoas das cales 1.359 son homes, 1.504 mulleres, 78 nenos e 72 nenas.

Indirecta: Un total de 16.134 persoas das cales 7.021 son homes e 9.113 mulleres.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000,00 € (2021: 18.000,00 €; 2022: 27.000,00 €)