Proxectos

A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo ciudadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase VII

O obxectivo central de Farmamundi (FM) céntrase na defensa e promoción do acceso universal á saúde a través de procesos de transformación social sostible. Este compromiso concrétase mediante accións de axuda humanitaria, cooperación ao desenvolvemento e educación para a cidadanía global. Fundada en 1993, a entidade conta cunha traxectoria de máis de tres décadas e máis de 120 proxectos desenvolvidos.

Desde a área de Educación e Acción para a Transformación Social (EATS), FM impulsa procesos orientados ó cumprimento do dereito á saúde dende unha perspectiva integral e baseada nos dereitos humanos. Promovemos procesos educativos orientados á promoción, defensa e exercicio efectivo do dereito á saúde desde unha perspectiva transformadora.

Área integrada por un equipo técnico e voluntario que desenvolve a súa actividade tanto no ámbito educativo formal como en espazos comunitarios, impulsando experiencias de aprendizaxe baseadas na participación, na creatividade, no diálogo de saberes e no protagonismo das persoas, impulsando unha sociedade máis equitativa, xusta e corresponsable, promovendo a reflexión sobre as desigualdades globais e locais, as súas causas estruturais e as alternativas para a súa transformación fomentando una análise crítica e procesos de reflexión orientados á garantía dos dereitos humanos.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
12261 - Educación sanitaria
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa

transformación social positiva, a solidariedade e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global que avance na logro dos ODS.

Específico: Fortalecidas as capacidades coa comunidade educativa da USC para impulsar procesos transformadores de promoción da saúde e a equidade -priorizando o EbDH, a igualdade de xénero, o respecto polas diversidades, o enfoque decolonial e a sustentabilidade ambiental, orientados á contribución nas metas dos ODS (énfase no 3, 4, 5, 10, 13, 17) no contexto actual de saúde local e global.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fortalecidas as competencias da comunidade universitaria da USC e outros axentes educativos e comunitarios (TdR) na promoción do dereito á saúde , benestar e equidade desde o modelo de Saúde Comunitaria Baseada en Activos (SCBA) e os enfoques baseados en DDHH, feminismo decolonial e interseccionalidade, interculturalidade e xustiza eco-social, promovendo unha cidadanía crítica e comprometida coa Axenda 2030 e as metas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).

A.1.1.1. Fondo documental de intercambio de recursos

A.1.1.2. Realización formación teórico-práctica sobre Saúde mental comunitaria a saúde mental comunitaria e SCBA para equipo de psicoloxíaa de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

A.1.1.3. Realización de obradoiros de SCBA desde perspectiva feminista axeitados a cada área de coñecemento e colectivos participantes.

RE 1.2. Impulsada a participación comunitaria en saúde (sinerxías e imitativas transformadoras) coa comunidade educativa protagonista e colectivos prioritarios mediante aproximacións de dereitos, interdependencia e ecodependencia que, considerando realidades e alternativas para a promoción da saúde a nivel local e global, contribúen ás metas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17)

A.1.2.1. Deseño e denvolvemento do proxecto de ApS “MicroMundo”. A saúde desde miradas bioloxicistas: antibióticos e resistencias.

A.1.2.2. Implementación do programa nos centros educativos: Formación a estudantado de centros educación secundaria e bacharelato por parte do alumando de Farmacia e Biotecnoloxía sobre resistencias a antibióticos.

A.1.2.3. Deseño e desenvolvemento do proxecto de investigación “Diagnose socio- emocional para o benestar na USC desde unha perspectiva feminista e decolonial”.

A.1.2.4. Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”. A saúde desde miradas psico-sociais.

RE 1.3. Socializadas e difundidas as experiencias protagonizadas pola comunidade universitaria no marco do proxecto, contribuindo á sensibilización, mobilización social e incidencia en materia de dereito á saúde, benestar, equidade, diversidade, xustiza eco-social, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

A.1.3.1. Deseño e implementación dun Plan de Educomunicación.

A.1.3.2. Actualización de 1 microsite para difusión dos contidos, actividades e experiencias transformadoras.

A.1.3.3. Deseño, elaboración e difusión de materiais divulgativos e video das iniciativas transformadoras.

A.1.3.4. Xornadas de devolución, celebración e clausura comunitaria.

RE 1.4. Consolidada a cultura avaliativa, de aprendizaxe e mellora continua que favorece a sustentabilidade, a transferencia de coñecemento e replicabilidade dos procesostransformadores impulsados pola comunidade universitaria a favor dunha cidadanía global comprometida coa consecución da Axenda 2030 desde un EbDH, equidade, diversidade e corresponsabilidade.

A.1.4.1. Actualización do estudo de liña de base.

A.1.4.2. Elaboración de testemuñas de "cambio máis significativo" por parte da poboación participante no proxecto.

A.1.4.3. Sistematización do proxecto de investigación “Diagnose socio-emocional desde un enfoque de xénero para o benestar na USC”.

A.1.4.4. Avaliación final do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3.362 persoas (1.466 homes, 1.754 mulleres, 52 nenos e 90 nenas)

Indirecta: 9.900 persoas (4.212 homes, 5.262 mulleres, 156 nenos e 270 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 47.000 € (18.800€ en 2026 e 28.200 € en 2027)