Proxectos

Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia

Con este proxecto, ACPP, facilitará os procesos de capacitación e superación das debilidades, fomentarase a participación de socias e socios, mellorará a comunicación coa base social e coa sociedade en xeral, proveerases de ferramentas eficaces para mellorar a súa presenza como actor da cooperación galega nun momento clave da mesma e para encarar a planificación estratéxica do período 2014 – 2015. En definitiva, o proxecto permitirá o fortalecemento institucional de ACPP Galicia, sendo un paso coherente na estratexia da delegación e forma parte de todo o proceso de mellora iniciado no 2007.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

 Obxectivo Xeral: Fortalecer a posición da organización como actor da cooperación galega.
Obxectivo Específico: Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia.

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Ao 7º mes terase deseñado, implementado e difundido o plan de comunicación de ACPP Galicia.
Actividades
A1.1.1: Deseño da estratexia de comunicación interna e externa
A1.1.2: Elaboración de materiais específicos para a difusión dos resultados dos proxectos executados por ACPP Galicia
A1.1.3: Execución da estratexia de comunicación
A1.1.4: Elaboración dun newsletter mensual coas actividades da organización para enviar a socios/as e colaboradores/as
A 1.1.5: Presentación pública da estratexia de comunicación a toda a base social para facela partícipe da súa execución
Resultado 1.2:  Ao 13º mes terase deseñado e executado unha campaña específica de captación de persoas socias de ACPP Galicia
Actividades
A1.2.1: Deseñar e executar campaña de captación de socios/as
A1.2.2: Gravar e editar un vídeo para captar novos socios/socias para a organización
A1.2.3: Realización de a lo menos 3 presentacións públicas para promover o asociacionismo

Resultado 1.3: Ao 8º mes terase executado un proceso formativo sobre formulación de proxectos para a base social de ACPP.
Actividades
A1.3.1: Realización dun curso de capacitación de 20 horas teóricas sobre identificación e formulación de proxectos de CpD, EpD e Acción Social
A1.3.2: Realización da xornadas prácticas sobre identificación e formulación de proxectos de CpD, EpD e Acción Social
A1.3.3: Crear unha base de datos cos perfís do voluntariado disposto a colaborar na elaboración de proxectos

Resultado 1.4: Ao 13º mes terase realizado un encontro de intercambio sobre a experiencia de ACPP Galicia.
Actividades
A1.4.1: Redacción do programa do encontro co sector das ONGD de Galicia
A1.4.2: Campaña de difusión do encontro entre o sector das ONGD e entre a poboación xeral
A1.4.3: Mobilización da base social para a organización no deseño e execución da parte lúdica do décimo aniversario
A1.4.4: Realización do encontro con ONGD galegas
 

Axudas: 

25.000 €; 10.000 € (2014), 15.000€ (2015)