Proxectos

Asistencia básica para a poboación refuxiada Siria en Xordania

O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios residentes nos campos de Zaatari e Azraq asegurando o seu acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en prover a 88 familias (440 persoas) de materiais básicos non alimentarios segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico. O traballo centrarase especialmente coas mulleres e os/as nenos/as, por ser colectivos que enfrontan numerosos retos.

Os materiais que se distribuirán nos campos, para a supervivencia e loita contra as inclemencias, son os seguintes: mantas de lana térmica (440), colchóns (440), bidóns colapsables (88), toallas sanitarias (88), cueiros (88).

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
XORDANIA
Zona de actuación: 
Mafraq (gobernación)
Zarqa (gobernación)
Axentes: 
ACNUR (Comité español do ACNUR, axencia das Nacións Unidas para os refuxiados)
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania, Iraq e Exipto) asegurando o acceso a servizos de emerxencia.

Obxectivo Específico: Prover a 88 familias refuxiadas sirias que residen nos campos de Zaatari e Azraq de materiais básicos non alimentarios segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Establecida unha rede funcional de subministración de artigos non alimentarios de emerxencia nos campos de Zaatari e Azraq de implementación do proxecto

Actividade 1.1: Distribución de materiais non alimentarios entre a poboación refuxiada residente nos campos de Zaatari e Azraq de implementación do proxecto

Poboación beneficiaria: 

Directa: 88 familias, unhas 440 persoas.

Axudas: 

20.000 €