Proxectos

Asistencia e protección ás comunidades refuxiadas e de acollida no distrito fronteirizo de Adjumani, Uganda

O presente proxecto busca responder as necesidades humanitarias de persoas refuxiadas, na súa gran maioría desprazadas polo conflito de Sudán do Sur, así como á poboación de acollida no distrito fronteirizo de Adjumani, nun contexto de crise humanitaria. A intervención busca contribuír a garantir o dereito a unha saúde integral das persoas refuxiadas así como das comunidades de acollida en Adjumani,  a través da redución da vulnerabilidade física, emocional e psicosocial de 630 persoas refuxiadas e pertencentes ás comunidades de acollida nos asentamentos de Adjumani.

Esta intervención conta con dúas liñas de actuación, a primeira busca cubrir as necesidades básicas das persoas refuxiadas e pertencentes ás comunidades de acollida, garantindo o acceso a servizos básicos considerados prioritarios polas propias comunidades. E, a segunda liña de intervención, busca mellorar as capacidades de resilencia e reforzar os mecanismos de atención psicosocial e saúde mental de 214 persoas refuxiadas e das comunidades de acollida, tanto a nivel individual como comunitario.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
UGANDA
Zona de actuación: 
Adjumani (distrito)
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Jesuit Refugee Service Uganda (JRS)

Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde integral da poboación refuxiada e as comunidades de acollida nun contexto de crise humanitaria no distrito de Adjumani, Uganda.

Específico: Reducir o estado de vulnerabilidade física e psicosocial da poboación refuxiada e de acollida en situación de maior vulnerabilidade no distrito de Adjumani, Uganda.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Incrementado o acceso a bens de primeira necesidade e servizos básicos para 630 persoas (400M/230H) refuxiadas e da comunidade de acollida en situación de maior vulnerabilidade en Adjumani.

A.1.1.1 Distribución de axudas para a construción de vivendas a 55 fogares/familias pertencentes á poboación refuxiada e á comunidade de acollida. 

A.1.1.2 Distribución de paquetes de alimentos a 365 fogares/familias pertencentes á poboación refuxiada e á comunidade de acollida.

A.1.1.3 Distribución de produtos de primeira necesidade non alimentarios entre 150 persoas (100M/50 H) pertencentes á poboación refuxiada e de acollida.

A.1.1.4 Distribución de medicamentos a 60 persoas (40M/20 H) pertencentes á poboación refuxiada e á comunidade de acollida.

RE 1.2 Fortalecidas estratexias individuais e comunitarias de resiliencia psicosocial de 214 persoas (122 M e 92 H) refuxiadas e pertencentes ás comunidades de acollida.

A.1.2.1 Desenvolvemento dunha formación de 5 días destinada ao departamento MHPSS (04 persoas) do JRS Adjumani para mellorar o asesoramento psicolóxico e psicosocial e a atención á poboación refuxiada.

A.1.2.2 Acceso a sesións de terapia individualizada para 30 persoas (20 M/10 H) refuxiadas e pertencentes á comunidade de acollida.

A.1.2.3 Acceso a sesións de terapia de grupo para 100 (70M/30H) persoas refuxiadas e pertencentes á comunidade de acollida.

A.1.2.4 Diálogos comunitarios mensuais con 30 lideresas e líderes comunitarios (05 M/25 H) para intercambiar ideas, compartir experiencias e debater os retos relacionados co suicidio.

A.1.2.5 Realización de 01 formación de 03 días para 50 mozos (25 M/25 H) para a adquisición de coñecementos e técnicas para a sensibilización en prevención do consumo e riscos sobre o consumo de substancias.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 630 (280 mulleres; 161 homes; 69 nenos; 120 nenas)

Indirecta: 3.780 (1.852 mulleres; 794 homes; 349 nenos; 794 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 71.711,65 €