Proxectos

ASISTENCIA TÉCNICA PARA A MELLORA DA EXECUCIÓN DO SECTOR DA AUGA NO DISTRITO DE PALMA – CABO DELGADO

O proxecto encádrase no sector da auga e ten un compoñente principal de reforzo institucional. A intervención parte dos problemas detectados no sector de abastecemento de auga rural, sendo o principal a falta de sostibilidade nas fontes de auga. Para mellorar a actuación das institucións descentralizadas do sector da auga e saneamento de Cabo Delgado para a sostibilidade e equidade dos servizos de auga rurais no distrito de Palma, proponse unha asistencia técnica externa para o acompañamento de cada unha das actividades previstas e proporcionar formación en servizo. Formúlanse unha serie de accións arredor de dous obxectivos específicos: por un lado, mellorar o desempeño do Departamento de Auga e Saneamento e dos Serviços Distritais de Infra-Estruturas do distrito na área de auga rural e, por outro, mellorar a planificación, participación, coordinación e priorización para o sector de auga na provincia de Cabo Delgado e no distrito de Palma
Período de execución: setembro 2010 - outubro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Palma (distrito)
Axentes: 
ADANTIA S.L.
Contraparte: 

Goberno do Distrito de Palma
Direcção Provincial de Obras Públicas e Habitação

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Mellorar a actuación das institucións descentralizadas do sector da auga e saneamento na provincia de Cabo Delgado para a sostibilidade e equidade dos servizos de auga rurais do distrito de Palma

Resultados e actividades: 

- Incorporación dun enxeñeiro superior para o Departamento de Auga e Saneamento da Direcção Provincial de Obras Públicas e Habitação.
- Visitas de supervisión e asistencia técnica.
- Contratación dunha consultoría
- Incorporación e formación dun técnico medio de auga para o Serviço Distrital de Infra-Estruturas.
- Visitas de supervisión e acompañamento nas comunidades da área de saneamento e auga rural.
- Actualización do proxecto, contratación e supervisación da obra de finalización das infraestruturas do Departamento de Auga e Saneamento de Palma,
- Equipamento de oficiñas dos Serviços Distritais de Infra-Estruturas de Palma na área de auga e saneamento.
- Contratación e supervisión da rehabilitación dun paquete de fontes dispersas do distrito de Palma.
- Estudos de deseño, planificación e realización dun levantamento de auga para abastecemento humano rural no distrito de Palma.
- Procesado de datos e elaboración dunha base de datos co resultado dos levantamento, interpretación de datos e elaboración de plano para o distrito de Palma.
- Priorización das intervencións para 2011, establecemento do mecanismo de coordinación e fluxo de información con ONG e distritos.

Poboación beneficiaria: 

Directa:19.378 persoas (16.878 persoas que viven na sede distrital de Palma máis 2.500 persoas que se estima se abastecerán nos 5 puntos de auga).
Indirecta: Resto da poboación do distrito de Palma (32.768 persoas) e a poboación dos outros distritos da provincia de Cabo Delgado.

Axudas: 

149.834€ (2010: 74.917€ - 2011: 74.917€)