Proxectos

Asociacionismo migrante en Galicia. Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero

O proxecto “Asociacionismo migrante en Galicia - Lazos transnacionais e codesenvolvemento desde unha perspectiva de xénero” aborda a participación política da comunidade migrante residente en Galicia desde a perspectiva teórica do transnacionalismo, que se centra en analizar os vínculos que se establecen entre os países de orixe e de destino das persoas migrantes e, concretamente, estudaremos os procesos de codesenvolvemento que teñen lugar a raíz das estratexias transnacionais das asociacións de migrantes e realizaremos unha análise de participación política das mulleres migrantes en Galicia.

Estímase necesario a elaboración dunha investigación en materia de movementos migratorios e codesenvolvemento que permita asentar e consolidar as bases para a elaboración de políticas migratorias que inclúan unha estratexia en materia de codesenvolvemento a nivel autonómico, xa que o fenómeno migratorio é un dos asuntos máis presentes en axendas políticas, prospectivas económicas e debates sociais a nivel internacional.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ECOS DO SUR
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
43082 - Institucións científicas e de investigación
Obxectivos: 

Ligar os movementos migratorios á cooperación como unha das estratexias fundamentais para súa erradicación mediante o concepto de codesenvolvemento, co que se pretende vincular migracións e cooperación ao desenvolvemento favorecendo o beneficio humano das sociedades de orixe e a de acollida potenciando o rol da persoa migrante como factor de desenvolvemento.

Axudas: 

30.000 € (2014: 15.000 € ; 2015: 15.000 €)