Proxectos

Atención médica de emerxencia ás persoas feridas pola violencia na Franxa de Gaza

A proposta busca contribuír a mellorar a protección das persoas lesionadas e/ou con discapacidade en situación de crise humanitaria de longa duración na Gobernación Norte da Franxa de Gaza; situación agravada debido á emerxencia sanitaria xerada pola COVID-19 e as consecuencias das escaladas de violencia da Gran Marcha do Retorno (2018) e a operación militar “Garda dos Muros” (2021), que deixou máis de 2.210 persoas feridas. Os obxectivos principais serán fortalecer os servizos sanitarios de atención médica primaria para persoas sobreviventes das escaladas de violencia, mediante o equipamento con medicamentos, subministracións médicas, equipos sanitarios fronte á COVID-19, próteses e axudas técnicas; e mellorar a autonomía nas actividades básicas da vida diaria (ABVD) das persoas sobreviventes,  os coñecementos e capacidades sobre coidados das persoas coidadoras, e a saúde mental e resiliencia de ambos os grupos,  mediante a provisión de servizos de rehabilitación física integral (fisioterapia, terapia ocupacional e adestramento en ABVD), así como servizos de atención psicosocial, contribuíndo así a garantir a protección e dignidade das titulares de dereitos.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Gaza (provincia)
Gaza Norte (gobernación)
Jabalia (municipio)
Axentes: 
MOVIMIENTO POR LA PAZ, EL DESARME Y LA LIBERTAD (MPDL)
Contraparte: 

Palestinian Medical Relief Society - PMRS

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar a saúde física e psicosocial das persoas sobreviventes da escalada de violencia na crise humanitaria na Franxa de Gaza, Palestina.

Específico: Mellorada a atención á saúde física e psicosocial de emerxencia a persoas lesionadas e/ou con discapacidade da gobernación de Gaza Norte como consecuencia das escaladas de violencia na Franxa de Gaza, Palestina

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidos os servizos sanitarios da gobernación Gaza Norte para a atención médica de calidade ás persoas feridas na escalada de violencia na Franxa de Gaza.

               A.1.1.1 Licitación, compra e distribución de medicamentos, subministracións médicas, materiais de fisioterapia, próteses e axudas técnicas

               A.1.1.2 Identificación e xestión de casos de persoas lesionadas e/ou con discapacidade debido á escalada de violencia na Franxa de Gaza

               A.1.1.3 Prestación de servizos de atención avanzada a persoas feridas que desenvolveran complicacións na clínica de atención primaria de saúde de Gaza Norte

               A.1.1.4 Coordinación xeral, seguimento e avaliación continua do Resultado R1

 

RE 1.2 Melloradas as capacidades da poboación para responder de forma inclusiva á xestión de necesidades das persoas sobreviventes da escalada de violencia na Franxa de Gaza

               A.1.2.1 Prestación de servizos de rehabilitación (fisioterapia, terapia ocupacional, ABVD) a persoas lesionadas e/ou con discapacidade no centro de fisioterapia de Gaza Norte.

               A.1.2.2 Capacitación de persoas sobreviventes da escalada de violencia na Franxa de Gaza e dos seus coidadores no uso e mantemento das próteses e axudas técnicas recibidas.

               A.1.2.3 Prestación de servizos de apoio psicosocial a persoas superviventes da escalada de violencia na Franxa de Gaza na clínica de atención primaria de saúde de Gaza Norte.

               A.1.2.4 Prestación de servizos de apoio psicosocial a coidadoras de persoas superviventes das escaladas de violencia na Franxa de Gaza.

               A.1.2.5 Coordinación xeral, seguimento e avaliación continua del Resultado R2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 250 persoas, das cales 55 son mulleres, 145 homes, 25 nenos e 25 nenas

Indirecta: 1.500 persoas, das cales 603 son mulleres, 627 homes, 138 nenos e 132 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.267,30 €