Proxectos

ATENCIÓN Á NENEZ DO AGUSTINO NAS SÚAS NECESIDADES EDUCATIVAS E FORMATIVAS COMO PREVENCIÓN FRONTE Á DESATENCIÓN FAMILIAR E Á VIOLENCIA

O proxecto pretende contribuír ao desenvolvemento integral de nenas e nenos que viven nas zonas dos outeiros do distrito de El Agustino (Lima), mellorando a súa calidade de vida, a través do modelo de intervención das Casas del Niño, cunha estratexia de intervención comunitaria brindando deste xeito espazos diferentes para que as nenas e nenos poidan ter un lugar axeitado e en condicións para o desenvolvemento das actividades de apoio escolar e bo uso do seu tempo libre, o que os fai afastarse dos perigos que se presentan nas rúas, como a delincuencia, drogas, violencia, entre outros.
Desde o proxecto implementaranse dúas liñas de actuación que se concretan en dúas liñas de traballo:
 Atención educativa: para fortalecer e desenvolver as habilidades e coñecementos das nenas e nenos que permitan lograr o máximo potencial no seu desenvolvemento e integración social.
 Desenvolvemento de capacidades e habilidades sociais para a súa integración: consiste nun programa de desenvolvemento de habilidades sociais e artísticas, que permite lograr o máximo potencial no seu desenvolvemento e integración social por medio de talleres de creatividade artística (debuxo e pintura, cerámica, creación literaria, outros).
O proxecto pretende fomentar iniciativas que favorezan o desenvolvemento integral, o exercicio de dereitos e a inclusión social desta poboación, influíndo a través dos propios nenos e nenas, no seu medio familiar e comunitario coa participación activa dos axentes do Estado que traballan na zona.
Período de execución: maio 2010 - decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Lima metropolitana
Lima (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Parroquia La Virgen de Nazaret

Código CRS: 
16050 - Axuda multisectorial para servizos sociais básicos
Obxectivos: 

Mellorar a educación e o desenvolvemento integral da poboación infantil que viven nas zonas dos outeiros do distrito El Agustino

Resultados e actividades: 

Talleres de pintura, cerámica e creación literaria cunha convivencia tolerante e segura
Saídas ao teatro e de convivencia (paseo) para asistir a obras de teatro con temas dos dereitos dos nenos ou contos que falen de valores
Desfiles onde nenas e nenos poñen en coñecemento da xente o que significan os valores e os dereitos dos nenos.
Reforzamento escolar permanente: preparación dos temas segundo a currícula dos nenos e nenas reforzando os cursos básicos de comunicación integral e matemáticas
Desenvolver reunións ou xornadas informativas con pais e nais para poder captar a súa atención con respecto á súa función cos seus fillos e fillas
Traballar cos pais e nais a conservación do medio ambiente mediante a limpeza das áreas verdes que teñen as Casas del Niño ou os arredores dos locais onde traballan os seus fillos e fillas

Poboación beneficiaria: 

Directa: 200 menores (100 nenas e 100 nenos) de entre 6 e 12 anos, que viven nas zonas dos outeiros do Agustino
Indirecta: 150 pais e nais de familia

Axudas: 

21369,06