Proxectos

Atención nutricional a refuxiados do conflito en República Centroafricana nas rexións do Este e Adamawa de Camerún.

O presente proxecto responde a unha crise nutricional que é recorrente. En Camerún nin a afluencia de refuxiados nin a situación nutricional son elementos de aparición súbita, senón que levan anos ocorrendo e empeorando ata chegar aos límites actuais co detonante especial do conflito na República Centro Africana. O desprazamento de persoas como consecuencia do conflito na RCA agravou a inseguridade alimentaria xeneralizada e a crise alimentaria que afecta ao país. O proxecto busca apoiar e fortalecer as capacidades rexionais para tratar a desnutrición aguda e outras enfermidades asociadas para reducir a mortalidade entre a poboación infantil vinculada á desnutrición aguda, garantindo a dispoñibilidade e correcta distribución dos insumos nutricionais e medicamentos esenciais para o tratamento da desnutrición grazas ao reforzo das capacidades do sistema de saúde e da cadea de subministración nas rexións do Este e de Adamawa de Camerún.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CAMERÚN
Zona de actuación: 
Rexión do Este e da Adamawa (fronterizas con República Centro Africana)
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF Camerún

Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Apoiar e fortalecer as capacidades rexionais para tratar a desnutrición aguda e outras enfermidades asociadas para reducir a mortalidade entre a poboación infantil vinculada á desnutrición aguda.
Obxectivo específico: Garantir a dispoñibilidade e correcta distribución dos insumos nutricionais e medicamentos esenciais para o tratamento da desnutrición grazas ao reforzo das capacidades do sistema de saúde e da cadea de suministro nas rexións do Este e de Adamawa (Camerún).
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Reforzáronse as estruturas de saúde e os socios locais nas zonas que albergan refuxiados a través da distribución de 36% dos insumos necesarios para tratar os casos de desnutrición aguda severa sen complicacións.
Actividades
A1.1.1: Compra de suministros na División de Suministros
A1.1.2: Transporte e distribución aos centros de saúde desde o warehouse de Douala
A.1.1.3. Seguimento da distribución y da utilización dos produtos –in service monitoring a través do apoio dun loxista.
 

Poboación beneficiaria: 

Os beneficiarios/as son todos nenos e nenas que sofren de desnutrición aguda severa, xa sexan novos refuxiados, antigos refuxiados e poboación local, que son tratados nos centros de nutrición ambulatorios e en interno (hospitais) dos distritos de saúde das rexións do Este e Adamawa (Camerún).
Cos fondos aportados polo presente proxecto poderase alcanzar a uns 4.000 nenos e nenas con desnutrición aguda severa de 0 a 59 meses (refuxiados e locais) que recibirán RUTF e tratamento.
 

Axudas: 

50000