Proxectos

Atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade en resposta á crise sanitaria (Guinea Bissau)

Este proxecto enmárcase dentro dunha realidade producida despois da pandemia, na que os sanitarios de Guinea Bissau atópanse nun proceso de folga o que produce unha incapacidade de dar resposta ás necesidades da poboación, pola falta de recursos, persoal e sistemas de electricidade precarios. Garantir a atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade do Centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH "Ceu e Terras" en Bissau como obxectivo específico enmarcado na promoción do dereito á saúde en Guinea Bissau, en resposta á crise sanitaria deste ano. Preténdese ofrecer unha resposta de emerxencia, para fortalecer as capacidades de atención médica dun dos centros de saúde de referencia de Bissau, atender a máis de 18.000 pacientes, e actuar en consonancia coas políticas públicas de saúde de Bissau, amparados polo Ministerio de Saúde ante a situación de crise sanitaria que vive a poboación de Bissau.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bissau
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

Céu e Terras

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Promover o dereito á saúde en Guinea Bissau, en resposta á crise sanitaria.

Específico: Garantir a atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade do Centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH "Ceu e Terras" en Bissau en resposta á crise sanitaria.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Garantida a contratación de persoal e o equipamento informático das consultas e a farmacia do Centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH de Bissau durante a situación de crise.

            A.1.1.1. Contratación de persoal técnico especializado para as consultas, laboratorio e farmacia.

            A.1.1.2. Equipar con material informático adecuado a farmacia e as consultas médicas especializadas.

RE 1.2. Garantidos análises de diagnóstico e acceso a medicamentos esenciais aos pacientes do Centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH "Ceu e Terras" en Bissau.

            A.1.2.1. Adquisición e almacenamento de medicamentos e material sanitario básico de emerxencia.

            A.1.2.2. Distribución dos tratamentos necesarios e/ou realización dos exames de diagnóstico e tests complementarios receitados a cada paciente que necesita de asistencia.

            A.1.2.3. Establecemento dun protocolo de rexistro dos materiais e medicamentos utilizados no centro de tratamento.

RE 1.3. Asegurado a subministración de enerxía para o laboratorio e salas de consulta do centro de Saúde Materna, Infantil e tratamento de VIH para a atención en situacións de crises.

            A.1.3.1.  Selección de empresa de enerxía solar e formalización dun contrato de instalación do sistema solar de iluminación.

            A.1.3.2. Instalación do sistema solar de iluminación para o centro Ceu e Terras.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 18.591 persoas usuarias do centro de saúde, das cales 9.494 son mulleres, 2.424 son homes, 3.866 nenos e 2.807 nenas.

Indirecta: 92.955 persoas das cales 47.470 son mulleres, 12.120 homes, 19.330 nenos e 14.035 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 €