Proxectos

Atención sanitaria móbil nos territorios desocupados de Ucraína

No contexto da invasión rusa a Ucraína, o presente proxecto busca proporcionar á poboación dos territorios ucraínos inicialmente invadidos por Rusia e posteriormente desocupados -así como a outros núcleos illados e escasamente poboados-, un servizo de recoñecemento médico primario de alta calidade. Trátase de crear un ciclo completo de prestación de servizos de exame médico para pacientes nos territorios desocupados con infraestruturas médicas danadas pola guerra. Para iso crearase unha unidade móbil de atención médica, cun horario constante de visitas e cun equipo de médicos cualificados.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Europa
País: 
UCRANIA
Zona de actuación: 
Donetsk (rexión)
Kharkiv (rexión)
Kherson (rexión)
Luganks (rexión)
Zaporiyia (rexión)
Axentes: 
Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA- Ucraína)
Contraparte: 

Kolo Charity Foundation

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Proporcionar á poboación dos territorios ucraínos inicialmente invadidos por Rusia e posteriormente desocupados -así como a outros núcleos illados e escasamente poboados-, un servizo de recoñecemento médico primario de alta calidade.

Específico: Creación dunha unidade móbil de atención médica, cun horario constante de visitas e cun equipo de médicos cualificados.

Resultados e actividades: 

R1.1 Prevense realizar 14 saídas por semana, e 3.600 asistencias médicas (aproximadamente a 1.000 homes, 1.200 mulleres e 1.400 nenos).

A.1.1.1 Recoñecemento médico xeneral, analíticas, diagnóstico, prescrición de medicamentos, entrega de medicamentos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3.600 persoas (1.000 homes, 1.200 mulleres e 1.400 nenos).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 40.000 €