Proxectos

Atender as necesidades básicas en auga e saneamento da poboación afectada polo terremoto en Nepal

O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) é a principal organización internacional que traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos/as, en calquera situación de emerxencia e crise humanitaria. UNICEF Comité Galicia é un dos comités que a nivel autonómico contribúen co traballo que se realiza en favor da infancia e na resposta ante emerxencias. O obxecto deste acordo é atender as necesidades básicas en auga e saneamento da poboación afectada polo sismo de magnitude 7,9 na escala Ritcher que o pasado 25 de abril golpeou o leste da capital de Nepal, no Val de Katmandú. No sistema de coordinación internacional da resposta, sistema clúster, establecido para a crise humanitaria xurdida tras o terremoto de Nepal, UNICEF lidera o clúster sectorial de Auga, saneamento e hixiene no cal se enmarca esta proposta.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
País: 
NEPAL
Axentes: 
UNICEF
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Atender as necesidades básicas en auga e saneamento da poboación afectada polo terremoto en Nepal.
Obxectivos específicos:
OE1. Dar acceso aos nenos/as e as súas familias a auga potable, en cantidade axeitada para beber, cociñar e manter a hixiene persoal, así como acceso a latrinas e lavabos culturalmente axeitados.
OE2. Previr a transmisión de enfermidades, en especial a diarrea, mediante a sensibilización e formación sobre cuestións de hixiene.
 

Resultados e actividades: 

Provisión de auga e material de saneamento: UNICEF porá a disposición da poboación afectada 3 tanques de 10.000 litros para o depósito de auga, 100 caixas de tabletas de purificación de auga (2 caixas, 1000 persoas/ día) 100 bases para latrinas (40 persoas por latrina), 120 kits familiares de auga, saneamento e hixiene, 130 kits de hixiene para bebés.

Axudas: 

25780,45