Proxectos

Aulas conectadas para un Futuro Mellor en 8 escolas de Cantel, Quetzaltenango, Guatemala.

O proxecto busca mellorar o aprendizaxe en educación preprimaria e primaria en escolas rurais do suroeste de Guatemala, promovendo unha cultura de calidade educativa liderada pola comunidade escolar. Implantarase un proceso de acompañamento, formación e empoderamento local nun prazo de dous a tres anos, coa integración de tecnoloxía na aula para reducir a brecha dixital. A través do subproxecto “Aulas Conectadas para un Futuro Mellor”, dotarase a oito escolas do municipio de Cantel con equipos tecnolóxicos e formación docente no uso pedagóxico de ferramentas dixitais. O proxecto tamén inclúe capacitación, acompañamento técnico e fortalecemento do liderado escolar, co obxectivo de que as comunidades xestionen e manteñan procesos educativos sostibles.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Cantel
Quetzaltenango (departamento)
Axentes: 
COOPERACIÓN INTERNACIONAL ONG GALICIA
Contraparte: 

Fundación para el desarrollo de programas socioeconómicos FUNDAP

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora da calidade educativa no nivel primario en escolas rurais do municipio de Cantel, Quetzaltenango, mediante a integración efectiva e sostible de tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe.

Específico: Mellorar as condicións pedagóxicas en oito escolas primarias de Cantel mediante a dotación de equipamento tecnolóxico básico, a formación docente no uso didáctico de ferramentas dixitais e a creación de contornos de aprendizaxe máis interactivos para os estudantes de 4.º a 6.º grao.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Escolas equipadas con tecnoloxía básica para uso pedagóxico

A 1.1.1. Adquisición e integración de kits tecnolóxicos
A 1.1.2. Entrega e instalación de equipos nas escolas
A 1.1.3. Sesións de indución técnica ao persoal escolar

RE 2.1. Docentes capacitados no uso pedagóxico das TICs

A 1.2.1. Implementación do plan de capacitación docente
A 1.2.2. Asesoramento pedagóxico personalizado na aula
A 1.2.3. Monitoreo da labor docente

RE 2.1. Estudantes beneficiados con estratexias didácticas apoiadas en tecnoloxía

A 1.3.1. Execución de actividades interactivas con tecnoloxía
A 1.3.2. Estratexia de monitoreo na aula e réplica do aprendido
A 1.3.3. Enquisas de satisfacción estudiantil

Axudas: 

23.672,94 € en 2025