Proxectos

Aumento de fontes de ingresos sustentables para as comunidades rurais e áreas costeiras a través da consolidación da actividade acuícola e reforzo da investigación pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique.

O proxecto é identificado a partir da colaboración existente entre as Institucións de xestión e investigación pesqueira e acuícola de Mozambique e a Fundación CETMAR, así como coa Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega. O proxecto pretende apoiar a consolidación e desenvolvemento do modelo de produción acuícola posto en marcha na provincia de Cabo Delgado que supoña a diversificación de fontes de ingresos no marco da estratexia da loita contra a pobreza e a contribución á seguridade alimentaria mediante o reforzo da dieta alimenticia. A lóxica do proxecto baséase en consolidar e apoiar o modelo produtivo implementado no distrito de Mueda , coa finalidade de reforzar as actividades realizadas no marco do proxecto “Reforzo da Acuicultura Rural a Pequena Escala e a Investigación Pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique” e noutros anteriores e obter datos de produción relevantes dos cultivos e da súa comercialización en base a fomentar un modelo produtivo que optimice os recursos e xere rendementos para o autoconsumo e a comercialización a pequena escala.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
31310 - Política pesqueira e xestión administrativa
31382 - Investigación pesqueira
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a loitar contra a pobreza, mellorar as condicións de vida e seguridade alimentaria das comunidades rurais e áreas costeiras da provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
Obxectivo específico: Aumentar fontes de ingresos sustentables para as comunidades rurais e áreas costeiras da provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Consolidado o modelo produtivo de acuicultura rural de pequena escala desenvolvido no Distrito de Mueda como actividade xeradora de ingresos e alimento..
A.1.1: Implementación do sistema de obtención de datos de produción acuícola.
A.1.1.1: Formación de piscicultores sobre o uso do caderno do acuicultor.
A.1.1.2: Deseño e implementación dun programa de seguimento do uso do caderno do acuicultor.
A.1.1.3: Desenvolvo/actualización do catastro/censo de piscicultores na provincia de Cabo Delgado.
A.1.2: Intercambio de experiencias con outros acuicultores da provincia.
A.1.3: Reforzo das capacidades técnicas dos técnicos extensionistas na xestión de datos.

Resultado 2: Incrementado o coñecemento con base científica para unha xestión sustentable das zonas costeiras fomentando a investigación e a explotación racional e sostida dos recursos mariños en Mozambique.
A.2.1: Fortalecer a capacidade institucional de investigación e avaliación de stocks a nivel nacional a través da formación de técnicos e mostreadores do IIP.
A.2.2: Desenvolver un programa de investigación piloto de cultivo de moluscos.
A.2.2.1: Avaliación de áreas para a captación de sementes do medio natural.
A.2.2.2: Deseño do modelo produtivo para o cultivo de moluscos
A.2.2.3: Posta en marcha de iniciativa piloto.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa:
-Institucións de investigación e formación acuícola e pesqueira: IDEPA(4 TÉCNICOS); iip (20TÉCNICOS); Equipo de extensión acuícola (13 homes e 2 mulleres).
-Produtores actuais: 4 comunidades de piscicultores de pequena escala.
-Asociación Paz (21 membros: 10 homes e 11 mulleres) e os produtores de Martins Dimbanda, Martins Saba e Alberto Matens coas súas respectivas familias.
-12 piscicultores que recibirán formación sobre uso do caderno de acuicultor, 20 participantes no intercambio de experiencias.
-Comunidades Pesqueiras: 40 recolectores de moluscos da zona de intervención.
-Produtores potenciais.
Indirectos: Persoas susceptibles de desenvolver a actividade acuícola.
-Persoas con iniciativas de poñer en marcha a actividade acuícola pero sen medios técnicos e económicos
-Persoas con tanques construídos pero sen capacidade para a súa rehabilitación e ampliación e que necesitan de capacitación
-Poboación costeira dependente da explotación de recursos mariños
Tanto a nivel provincial como nacional ou proxecto vai incidir no:
-Aumento do nivel de dispoñibilidade de peixe de alta calidade no mercado local e nacional de Mozambique. A medio e longo prazo espérase unha mellora dos indicadores de consumo de peixe e dos indicadores nutricionais da provincia e do país.
-O desenvolvemento sustentable da acuicultura e a pesca xera unha economía baseada nas actividades directas e indirectas. O aumento destas actividades xerará un maior rendemento económico e promoverá novos negocios.
 

Axudas: 

100.000,00€ (2016: 40.000,00€; 2017: 60.000,00€)