Proxectos

AUMENTO DO COÑECEMENTO E DA IMPLICACIÓN DA CIDADANÍA GALEGA SOBRE OS DEREITOS DOS POBOS INDÍXENAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA DUNHA COOPERACIÓN INTEGRAL

Este proxecto é resultado do labor coordinado de catro das ONGD galegas que están traballando xuntas en Guatemala no marco do Programa de desenvolvemento integral Oxlajuj Tz’Ikin. Con esta campaña, búscase achegar á sociedade galega, especialmente á mocidade, non só as problemáticas que afectan a zona de intervención e as potencialidades da cooperación multisectorial e integral impulsada pola DXREeUE, senón sobre todo – dende unha rigorosa perspectiva de xénero – a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena. Utilizando métodos participativos, dinámicas de grupo, actividades lúdicas e metodoloxías innovadoras, procurarase vincular unha mensaxe de respecto ás culturas diferentes, aportar máis coñecementos sobre o enfoque de xénero con pertinencia cultural e estimular unha reflexión sobre a marcha do programa, a dous anos do seu comezo.
O proxecto prevé achegarse á mocidade galega mediante diversas accións, contando coa participación de expoñentes indíxenas do Programa Oxlajuj Tz’Ikin e creándose un intercambio de experiencia Guatemala - Galicia como estímulo á reflexión no público, ademais doutras actividades.
Período de execución: setembro 2010 – novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
FARMACEUTICOS MUNDI
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Contribuír ao fomento dunha cidadanía galega crítica e responsable cara aos temas de cooperación ao desenvolvemento

Resultados e actividades: 

- Campamentos rurais maias e intercambio de experiencias: Xornadas Formativas en Xogos Educativos Indíxenas.
- Realización e difusión dunha exposición itinerante.
- Sistematización da experiencia do programa: elaboración e difusión dunha publicación.
- Foro de debate.
- Curso de formación en xénero con pertinencia cultural.
- Realización de calendario/decálogo.

Poboación beneficiaria: 

- Poboación de concellos rurais de menos de 50.000 habitantes que, por norma xeral, é excluída deste tipo de proxectos por estar afastada de centros urbanos.
- Nenos e nenas de poboación rural de menos de 50.000 habitantes entre 7 e 14 anos, pola importancia que ten coñecer nesta idade realidades distintas de sociedades do sur.
- ONGD, institucións públicas, asociacións, sindicatos, etc que polo seu ámbito de actuación poidan aproveitar os coñecementos prácticos e teóricos que se compartirán no marco do proxecto.

Axudas: 

50.000€ (2010: 20.000€ - 2011: 30.000€)