Aumento do tratamento integrado para a desnutrición aguda e a prevención da desnutrición no sur de Malí
A crise á que se está enfrontando a República de Malí é multidimensional e interconectada. De modo que, ás xa preexistentes falta de seguridade alimentaria e déficits na produción, sumouse o agravamento da desnutrición e o conflito armado que sufriu o país (fundamentalmente o norte) desde xaneiro de 2012. Case medio millón de persoas tiveron que desprazarse, dentro ou fóra do país. A inseguridade nas rexións do norte limitou seriamente o acceso á atención sanitaria, tratamento da desnutrición, protección e educación da infancia e outros servizos sociais básicos. A situación actual no norte do país tamén limitou de maneira significativa a asistencia humanitaria, habendo así moitos nenas e nenos expostos a un alto grao de risco de violencia. A situación nutricional do país é crítica (taxas de mortalidade infantil inaceptables, desnutrición crónica inseguridade alimentaria...).
UNICEF - Mali
Obxectivo Xeral: Mellorar a situación da poboación vulnerable afectada pola crise humanitaria no sur de Mali mediante o fortalecemento e a ampliación das intervencións para a prevención e o tratamento da desnutrición infantil e materna.
Obxectivo Específico: Reducir a mortalidade e a morbilidad infantil relacionadas coa desnutrición aguda e crónica nas rexións seleccionadas do Sur de Mali, xeradas pola situación de emerxencia na que o país se atopa inmerso.
Resultado 1.1: Detectados, remitidos e tratados nas instalacións hospitalarias e non hospitalarias no sur de Mali, os casos de nenos e nenas menores de 5 anos con desnutrición aguda, mediante a xestión Integrada da Desnutrición Aguda, e o control da carencia de micronutrientes.
Actividades
A1.1.1: Asistencia técnica para os exames de desnutrición aguda en nenos e nenas de entre 6 e 59 meses.
A1.1.2: Desenvolvemento de capacidades e supervisión dos traballadores sanitarios para garantir a calidade do tratamento e o uso apropiado dos instrumentos revisados procedentes do protocolo recentemente revisado.
A1.1.3: Garantir a tramitación ininterrompida de subministracións de alimentos terapéuticos, suplementos de micronutrientes, medicamentos esenciais, equipos antropométricos e ferramentas de control, orientación, rexistro e informe para a xestión da desnutrición aguda.
A1.1.4: Asistencia técnica para os equipos sanitarios do distrito na xestión das actividades para a Xestión Integrada da Desnutrición Aguda (recollida de datos e análises, visitas de supervisión e informe de acordo co novo formato, cadea de subministración, necesidades e distribución para as instalacións de tratamento).
A1.1.5: Reforzo da unión coa comunidade para as actividades da Xestión Integrada da Desnutrición Aguda.
Resultado 1.2: Aumentadas as intervencións de gran impacto con mulleres embarazadas, e lactantes en primeira infancia no sur de Mali para previr a desnutrición infantil aguda e grave (o «abano de oportunidades» dos 1.000 días entre o embarazo e os 2 anos), fortalecendo a alimentación do Lactante e do Neno Pequeno (ALNP) e as capacidades dos/as axentes sanitarios.
Actividades
A1.2.1: Promoción das prácticas de lactación (centradas na iniciación temperá da lactación e na lactación exclusiva nos 6 primeiros meses de vida) para nenos e nenas de 0 a 6 meses mediante asesoramento individual, o apoio de grupo, apoio ao Día Mundial da Lactación, etc.
A1.2.2: Promoción dos alimentos apropiados a cada idade mellorados e das prácticas de alimentación para os nenos e nenas de entre 6 e 23 meses mediante asesoramento individual, apoio de grupo, comunicación para o cambio de condutas, etc.
A1.2.3: Os suplementos de vitamina A en nenos e nenas de entre 6 e 59 meses e o tratamento antiparasitario en nenos e nenas de entre 12 e 59 meses.
A1.2.4: Desenvolvemento de capacidades e asistencia técnica para os axentes sanitarios na Alimentación do Lactante e do neno pequeno adecuada.
Directa: 57.000 nenos e nenas examinadas de desnutrición aguda.
2.800 nenos/as con desnutrición aguda grave tratadas axeitadamente
258.124 nenos/as reciben suplementos de vitamina A e 222.788 nenos/as reciben tratamiento antiparasitario.
Indirecta: Na medida en que se diminúe a taxa de desnutrición nos nenos e nenas, mellora substancialmente o benestar do resto das familias e das comunidades. Ao haber menos crinzas que caen enfermas por causas asociadas á desnutrición, tamén necesitan menos coidados e os outros membros da comunidade teñen máis tempo para dedicarse a outras responsabilidades. Ademais, en relación coas accións de boas prácticas alimenticias, xéranse coñecementos e hábitos que beneficiarán a toda a comunidade. Por este motivo, as familias e comunidades nas que viven estes nenos beneficiaranse indirectamente do proxecto.
50.000 € (2014)