Proxectos

Avance da xestión comercial do comercio xusto en Solidariedade Internacional de Galicia

O proxecto céntrase na mellora do aspecto comercial do labor realizado por Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) no eido do Comercio Xusto. Así, propóñense accións orientadas a conseguir unha xestión óptima dos puntos de venda e da política de compras como requisitos imprescindibles para acadar o obxectivo último do proxecto, que é mellorar a rendibilidade das vendas de Comercio Xusto nas tres tendas que SIG ten abertas permanentemente nas cidades de A Coruña, Ourense e Pontevedra.

O proxecto incorpora unha liña de formación dirixida ao persoal vinculado á área de Comercio Xusto na que se apostará pola atención á especificidade e características propias deste tipo de entidades e ao traballo de SIG en concreto.

Ademais, promoverase o acceso a un contacto cada vez máis directo cos produtores de Comercio Xusto e con outro tipo de entidades de carácter internacional vinculadas a este movemento, reforzando así o papel de SIG neste ámbito e supoñendo un salto cualitativo importante nas relacións comerciais das organización cos actores máis importantes que neste momento traballan a prol do Comercio Xusto.

Dado que o Comercio Xusto constitúe unha das bases sobre a que SIG sobre o que se asenta gran parte do seu traballo, o fortalecemento desta área reverterá directamente en todo o conxunto da entidade.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír a consolidar unha alternativa comercial sostible de comercio xusto en Galicia.
Obxectivo Específico: Aumentar a rendibilidade da área comercial de comercio xusto de SIG.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Mellorada a xestión dos puntos de venda de comercio xusto de SIG.
Actividades:
A.1.1.1.: Deseño, coordinación e realización dun curso de formación sobre xestión dos puntos de venda de SIG.
A.1.1.2.: Elaboración e socialización dun manual de procedemento sobre a xestión dos puntos de venda de SIG.
Resultado 1.2.: Reducido o número de intermediarios no proceso de provisión dos produtos ofertados por SIG.
Actividades:
A.1.2.1.: Realización dun estudo de redución dos custes de aprovisionamento de mercadorías de comercio xusto en SIG.
A.1.2.2. Planificación, coordinación e realización de encontros con potenciais novos provedores de comercio xusto.
A.1.2.3.: Execución e análise de resultados de experiencias de aprovisionamento de mercadorías con redución de custos.

Axudas: 

24.935,00 (2012: 8.727,25; 2013: 16.207,75)