Proxectos

A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación

O presente proxecto xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 23 anos de andaina, así como das demandas e vontades das administracións locais socias. Tivéronse en conta asemade as principais debilidades detectadas para a difusión e implementación dos ODS no eido local, buscando actividades que resultaran atractivas e novidosas. Por outra banda, a participación de concellos de menos de 50.000 habitantes está garantida, sendo un obxectivo para o Fondo Galego promover actividades destinadas aos concellos pequenos e medianos en función da súa poboación.

O proxecto ten como obxectivo específico promover a implicación dos concellos e deputacións galegas no cumprimento da Axenda 2030 e a cooperación ao desenvolvemento.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030.

Obxectivo expecífico: Promovida a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Incrementada a implicación das administracións locais galegas no cumprimento dos ODS a nivel local.

  • A 1.1.1: Apoio a Concellos para elaboración de Plans de Implementación dos ODS a nivel local.
  • A 1.1.2: Elaboración de materiais de difusión sobre os ODS.
  • A 1.1.3: Axendas 2021.
  • A 1.1.4: Elaboración dunha nova páxina web poñendo de relevo a significancia dos ODS.
  • A 1.1.5: Posta en marcha dunha plataforma online de formación.

RE 1.2: Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e o municipalismo dos países empobrecidos de lingua oficial portuguesa.

  • A 1.2.1: Elaboración do memorando de entendemento e base de datos da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS.
  • A 1.2.2: Campaña “Os Municipios Cooperan”.
Poboación beneficiaria: 

As beneficiarias directas serán 34 entidades locais galegas e 18 entidades locais de países de lingua oficial portuguesa. Tamén 33 persoas electos/as municipais galegas, representantes das súas entidades locais sendo 16 mulleres e 17 homes;  202 persoas de administracións locais galegas, sendo 150 mulleres e 52 homes, concretamente as persoas representantes política e técnica en cada unha das 101 entidades locais socias; 1 persoas representantes do municipalismo galego, sendo 1 home; 9 persoas representantes do municipalismo dos países lusófonos, sendo 3 mulleres e 6 homes; 16 persoas representantes das administracións locais galegas, sendo 10 mulleres e 6 homes 9 persoas representantes de administracións locais ou rexionais.

As beneficiarias indirectas serán:

  • 98 entidades locais socias do Fondo Galego que non participarán directamente no Apoio a Concellos para elaboración de Plans de Implementación dos ODS a nivel local, pero que se beneficiarán das leccións aprendidas.
  • 213 administracións locais galegas que aínda non son socias do Fondo Galego
  • 213 persoas representantes políticas de administracións locais galegas non socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e 185 persoas doutras entidades do sector e cidadanía en xeral, que recibirán os materiais de difusión sobre os ODS e que poderán acceder á formación online.
  • 98 persoas de administracións locais galegas e entidades colaboradoras do Fondo Galego que recibirán a axenda de 2021 do Fondo Galego.
  • Integrantes da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego, xa que serán informadas de todas as actividades realizadas, 101 representantes políticas e 101 representantes técnicas, sendo 150 mulleres e 52 homes.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 60.000 € (2020)