Proxectos

A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II

Este proxecto xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 24 anos de andaina, así como das demandas e vontades das administracións locais socias. Tivéronse en conta asemade as principais debilidades detectadas para a difusión e implementación dos ODS no eido local, buscando actividades que resultaran atractivas e novidosas. Por outra banda, a participación de concellos de menos de 50.000 habitantes está garantida, sendo un obxectivo para o Fondo Galego promover actividades destinadas aos concellos pequenos e medianos en función da súa poboación.

O proxecto é a segunda fase do convenio asinado no ano 2020, polo que nesta fase II se presentan importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior eficacia, eficiencia e impacto sobre a importancia da implicación das entidades locais no cumprimento dos ODS e no eido da cooperación ao desenvolvemento, buscando sinerxías coa administración local e rexional dos países de lingua oficial portuguesa.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030.

Específico: Promovida a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Incrementada a implicación das administracións locais galegas no cumprimento da Axenda 2030 a nivel local.

            A.1.1.1. Plans municipais para a implementación dos ODS.

            A.1.1.2. Curso online sobre a localización da Axenda 2030.

            A.1.1.3. Axendas 2022.

            A.1.1.4. Memoria 2020.

RE 1.2. Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e os países empobrecidos.

            A.1.2.1. II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía.

            A.1.2.2. Ciclo de webinars.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria de maneira directa serán 55 entidades locais galegas, e 13 entidades parceiras nos países empobrecidos. En total 297 persoas, das cales 96 son homes e 201 mulleres.

Axudas: 

 Axuda Xunta de Galicia: 60.000,00 €