Proxectos

A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación III

Este proxecto ten como obxectivo específico promover a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento, buscando sinerxías coa administración local e rexional dos países da Lusofonía. Para isto, fundaméntase en dúas dimensións:

1) Por unha parte, na integración e implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na política municipal, continuando unha práctica comezada xa no 2020, e que se basea na elaboración de plans municipais para a implementación dos ODS. Ademais, celebrarase a terceira edición do curso piloto arredor da localización da Axenda 2030, dirixido a persoal técnico dos concellos e deputacións. Ao mesmo tempo, os ODS estarán presentes tanto na elaboración da ‘Memoria 2021’ -onde os proxectos de cooperación e as actividades de sensibilización se vinculan ás distintas metas globais- como da Axenda 2022, que repasará a traxectoria do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no seu 25º aniversario. Ambos os dous materiais serán amplamente distribuídos física e virtualmente.

2) Por outra parte, no relativo á  promoción da implicación e a responsabilidade das deputacións e concellos galegos coa Cooperación ao desenvolvemento e difusión da Axenda 2030, proponse continuar impulsando a Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS, que xermolou no “Foro da cooperación municipalista da Lusofonía” organizado en 2019 co financiamento da DXRREEeUE. Nesta anualidade o III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía será realizado na cidade caboverdiana de Mindelo.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030

Específico: Promovida a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Incrementada a implicación das administracións locais galegas no cumprimento da Axenda 2030 a nivel local

            A.1.1.1 . Plans municipais para a implementación dos ODS.

            A.1.1.2 Curso online sobre a localización da Axenda 2030

RE 1.2 Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e os países empobrecidos

            A.1.2.1 III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía

Poboación beneficiaria: 

Directa: 170 persoas (81 homes e 89 mulleres) entre persoas electas municipais galegas, persoal político ou técnico da administración local galega, representantes do municipalismo galego e representantes do municipalismo dos países lusófonos; e 54 entidades, entre municipios apoiados na redacción dos seus plans municipais para a implementación dos ODS, municipios e deputacións cuxos representantes participan no curso online sobre localización da Axenda 2030, e administracións locais e rexionais que acoden ao III Foro da Cooperación Municipalista de la Lusofonía.

Indirecta: 416 persoas, repartidas entre representantes políticos de administracións locais galegas non socias do Fondo Galego, e integrantes da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego; e 285 entidades, que se dividen en entidades locais socias do Fondo Galego que participan directamente nos plans municipais para a implementacións dos ODS e aquelas que aínda non son socias

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 60.000 €