Proxectos

A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación V

Este proxecto presenta importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior participación, eficacia, eficiencia e impacto da cooperación municipalista realizada desde Galicia, así como procurar o coñecemento das entidades locais no cumprimento dos ODS. Deste feito, foi considerado o interese que suscitan os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible na administración local, a necesaria visibilización dos proxectos que promove e impulsa o Fondo Galego a nivel internacional así como tamén a necesidade de que o municipalismo galega estableza lazos de solidariedade cos pobos do Sur Global.

Polo tanto, este proxecto presenta importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior sensibilización sobre a importancia da cooperación ao desenvolvemento realizada desde Galicia da man do Fondo Galego, así como unha maior implicación das entidades locais no cumprimento dos ODS, buscando sinerxías coa administración local e rexional dos países de lingua oficial portuguesa.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Obxectivos: 

Xeral: Impulsadas e fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030.

Específico: Promovida a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e os países empobrecidos de lingua oficial portuguesa.

            A.1.1.1: Impulso da rede de autoridades locais da lusofonía polos ODS.

RE 1.2: Promovida a sensibilización e a formación das administracións locais galegas ao respecto da cooperación ao desenvolvemento e a Axenda 2030.

A.1.2.1: Representacións teatrais sobre a poboación refuxiada.

A.1.2.2: Cine e cooperación. Unha ventá ao mundo.

A.1.2.3: Cinefórum “En deuda con todas”.

A.1.2.4: Obradoiros de videoactivismo ambiental.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.040 persoas (440 homes e 600 mulleres)

Indirecta: 5.166 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 60.000 €