AXUDA ALIMENTARIA PARA A POBOACIÓN INFANTIL DAS ESCOLAS DE UNRWA NA FRANXA DE GAZA.
A franxa de Gaza conta cunha poboación de 1,7 millóns de persoas aproximadamente. É a día de hoxe, a zona máis densamente poboada do mundo. Este feito, unido ao persistente bloqueo comercial e de tránsito prolongado levado a cabo polas autoridades israelís, conforman unha das situación máis complexas actuais no mundo.
No contexto da situación que vive a franxa de Gaza, a UNRWA estableceu como prioridade a axuda alimentaria e este é un dos seus piares fundamentais para mitigar a situación do bloqueo a curto/medio prazo. En total para o ano 2010 a UNRWA calculou que é necesario cubrir as necesidades de 675.000 persoas refuxiadas na franxa en termos de axuda alimentaria. Este proxecto está enfocado dentro do programa Axuda Alimentaria de Urxencia onde se insire a atención concreta á poboación infantil das escolas UNRWA na franxa.
Segundo datos de UNICEF para o territorio palestino ocupado o 52,5% da poboación de Gaza son nenos, e o 15% son mozos de entre 13 e 18 anos
Oficina da UNRWA na Franxa de Gaza
OX: contribuír á mellora dos niveis educativos e de rendemento de nenos e nenas refuxiados/as nos centros escolares da UNRWA
OE: apoiar un incremento nutricional e de achega calórica do alumnado a través da provisión dun soporte alimentario diario aos nenos e nenas refuxiados/as escolarizados/as nos centros educativos da UNRWA na franxa de Gaza.
20000