Proxectos
AXUDA DE EMERXENCIA ANTE A EPIDEMIA DE CÓLERA EN HAITÍ
A epidemia de Cólera en Haití continúa propagándose rapidamente e pode durar anos e matar a decenas de miles de persoas.
Despois da primeira axuda enviada pola AECID na que colabora a FAHG o 26 de outubro, a Xunta de Galicia a través da FAHG colabora no envío que a AECID realiza o 24 de novembro. Neste envío transportaranse 40 toneladas de soro e material para a súa administración.
Para esta colaboración a FAHG tamén utiliza o fondo permanente de material almacenado na sede en Valencia da ONG Farmamundi, a través do convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades.
Ano:
2010
Instrumento de financiamento:
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión:
Centroamérica e Caribe
País:
HAITÍ
Axentes:
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte:
AECID.
Código CRS:
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos:
Asistir a poboación haitiana ante o brote de cólera do país
Axudas:
8000