Proxectos

AXUDA DE EMERXENCIA Ó BROTE DE CÓLERA EN HAITI

Despois do tremor que sufriu Haití o pasado mes de Xaneiro, nestes momentos o país vese afectado por un brote de cólera que xa ten causado centenares de mortes e millares de afectados. O cólera é unha enfermidade aguda que se transmite a través da auga e dos alimentos contaminados causando diarrea, febres altas e grave deshidratación, e que pode matar en cuestión de horas si non se trata de un xeito axeitado.
A Xunta de Galicia puxo a disposición da AECID material sanitario validado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para enviar no avión que a Axencia Española fretou o martes 26 de outubro. En este avión foron enviadas 14.3 Toneladas de axuda humanitaria consistente en kits de diarrea - cólera, así como soros e suplementos de rehidratación, material para a administración do tratamento médico, pastillas potabilizadoras de auga e material para o almacenamento de auga limpa.
Para realizar este envío a FAHG fixo uso do fondo permanente de material de primeira necesidade que ten almacenados na sede da ONG Farmamundi en Valencia grazas ao Convenio de Colaboración asinado entre as dúas entidades, facilitando a actuación de un xeito rápido da Xunta de Galicia ante a necesidade urxente de prestar axuda humanitaria á poboación Haitiana.
 

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AECID.

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Asistir á poboación haitiana ante o brote de cólera do país.

Axudas: 

2614