AXUDA DE EMERXENCIA PARA DAMINIFICADOS DO TERREMOTO EN HAITÍ DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA COA COLABORACIÓN DOS CONCELLOS DE PALAS DE REI E A BAÑA
Os efectos do terremoto do 12 de xaneiro foron devastadores; atopados o 25 de xaneiro de 2010, 150.000 cadáveres, máis de 250.000 feridos, un millón de rapaces orfos e máis dun millar de persoas sen fogar, e é considerada unha das catástrofes naturais máis graves da historia.
Neste momentos, as necesidades máis urxentes a cubrir para os damnificados son a de comida e medicinas, tamén tendas de campaña e lonas para a construción de albergues, así como tamén a limpeza do terreo, os servizos médicos e os albergues de urxencia.
O principal colectivo beneficiario deste proxecto serán os rapaces. Xa que só a metade teñen acceso á educación primaria e a maioría teñen a obriga de abandonar os seus estudos a cambio de tarefas de campo. O terremoto deixou a case un millar de rapaces orfos.
A Fundación Amigos de Galicia traballará na distribución de alimentos. O seu ámbito de actuación centrárase no campo Pétionville Country Club, onde hai máis de 50.000 persoas, 15.000 nenos.
Así, a axuda da Fundación Amigos irá encamiñada aos menores, e son susceptibles de ser usuarios tamén aquelas outras persoas que están acollidas no campo Pétionville Country Club.
Enviaranse alimentos tales como peixe en conserva, fabada e pasta, pendas de roupa, ferramentas de traballo, cazarolas, utensilios de cociña, lonas, tendas de campaña, menciñas así como produtos para bebés.
A Fundación Amigos de Galicia colabora coa ONU no campo de Pétionville Country Club, constrúe unha unidade de reposta á urxencia no terreo en coordinación para a distribución de alimentos con Cáritas.
O traballo en terreo permitiralles aos membros da Fundación Amigos de Galicia a atención das necesidades de alimentación da poboación damnificada polo terremoto pero ademais a dita entidade traballará para a identificación e activación de mecanismos e procedementos de coordinación para o desenvolvemento de accións que provoquen un impacto maior en beneficio das vítimas. Cabe destacar que o obxectivo de todas estas actuacións non é só a volta á situación inicial senón tamén a activación dunha resposta por parte da poboación de Haití que provoque unha mellora substancialmente perceptible no nivel de benestar e seguridade do conxunto da poboación, e en particular na seguridade e nivel de benestar dos rapaces. A entidade tamén desenvolverá novos proxectos de axuda á reconstrución da zona.
Ademais, este proxecto será complementario con outros de reconstrución e desentullado no terreo. Con este proxecto preténdese contribuír a mellora das condicións de vida das poboacións afectadas por crises humanitarias, e este é un obxectivo coherente coa cooperación galega e española, ademais de complementario e sinérxico con outros proxectos que poidan desenvolver entidades sen ánimo de lucro españolas
Cáritas República Dominicana (Cáritas Haití)
OX: darlles resposta inmediata ás necesidades da poboación damnificada polo terremoto de Haití.
A Fundación Amigos de Galicia, nun primeiro envío de axuda humanitaria fixo chegar a Haití 17.455 kg de pasta e 12.960 cazarolas e utensilios de cociña. Ten gardados na nave, para próximos envíos (por insuficiencia de capacidade nos contedores) 1.154 kg de fabada Coren, 1.195 kg de conservas, 750 latas de bonito en aceite de oliva, produtos variados de bebé, 4.000 prendas de Selmark e 700 prendas de Lancott Confecciones, así como 300 kg de ferramentas. Desde a contraparte local solicítanse lonas necesarias para os albergues, tendas de campaña e medicinas. Todo isto se fará chegar en contedores dun barco e a entidade sufragará o custo deste transporte. Ademais, a fundación encargarase do control de que todos estes alimentos lles sexan entregados na súa totalidade aos damnificados do terremoto e asumirá os gastos do traslado destes dende o Porto de Vigo ata Haití. Ademais, a Fundación Amigos de Galicia vai seguir desenvolvendo proxectos para a reconstrución do país haitiano.
OE: distribución de alimentos para os nenos de Pétionville Country Club. Envío de medicinas, lonas e tendas de campaña. Distribución de roupa
36833,24