Proxectos

AXUDA DE EMERXENCIA Á POBOACIÓN DAMINIFICADA POLO TERREMOTO EN JACMEL, HAITÍ

O forte terremoto producido o día 12 de xaneiro de 2010, de 7,3 graos na escala Richter que sacudiu Haití, deixou miles de mortos e incontables danos materiais. O terremoto durou máis dun minuto e o seu epicentro foi localizado a só dez quilómetros de profundidade e a 15 quilómetros ao oeste da capital haitiana, Porto Príncipe. O día 20 de xaneiro, produciuse un novo terremoto de 6,1 graos segundo a escala Richter, e derrubou edificios que quedaron aínda en pé tras o terremoto do día 12 de xaneiro e causou máis mortes.
A zona sobre a que se asenta esta parte da península haitiana destaca por ser un conxunto de "fallas de desgarres", aquelas nas que o movemento dos bloques é predominantemente horizontal. En concreto os sismos débense á actividade da chamada falla de "Kenscoff".
 

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Jacmel (capital do departamento do sureste)
Departamento do Sureste
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Coordination Régionale des Organisations du Sud-Est (CROSE/KROS)

Código CRS: 
120 - Saúde
52010 - Axuda alimentaria / Programas de seguridade alimentaria
Obxectivos: 

OX: axuda de urxencia da poboación damnificada polo terremoto en Haití.
OE: reducir as condiciones de vulnerabilidade da poboación afectada polo terremoto na poboación de Jacmel, Haití
 

Axudas: 

41914,43