Proxectos

Axuda humanitaria a familias indíxenas en situación de extrema pobreza, damnificadas polas choivas torrenciais, inundacións e xeadas en Ccellopampa, Apurimac. Perú

Fenómenos naturais de tipo climatolóxico, como chuvias torrenciais, xeadas e nevadas, afectan de xeito recorrente á rexión peruana de Apurimac, situada na vertente oriental da cordilleira andina. As fortes precipitacións, acaecidas habitualmente entre os meses de novembro a maio, provocan na rexión danos como desbordes de ríos, inundacións ou desprendementos. De abril a outubro, cada ano, a rexión está influenciada por aires extremadamente fríos.

Durante o primeiro trimestre de 2012, a elevada afectación de familias, a interrupción de vías e a deterioración de infraestruturas educativas e vivendas, provocados por estes fenómenos, determinaron que o goberno declarase o estado de urxencia nesta rexión.

As familias máis afectadas por estas condicións meteorolóxicas adversas son as poboadoras das zonas alto andinas do Distrito de Cotaruse, onde se atopa situada a comunidade de Ccellopampa, localizada a uns 4000 metros sobre o nivel do mar. No período de xeadas máis críticas, a poboación soporta temperaturas de ata 30º C baixo cero que cobren a extensión da comunidade baixo un manto branco e provocan o colapso das súas vivendas, a perda de animais (alpacas, chamas e ovinos) por falta de pastos e a perda dos seus poucos recursos de produción agropecuaria (papa, oca, olluco, faba), ao cal tamén contribúen as fortes precipitacións. As chuvias torrenciais deste ano, sumadas ás xeadas e sarabiadas, provocaron que se perda un 70% da produción agrícola, base da subsistencia da poboación, poñendo en risco a súa seguridade alimentaria. A axuda proposta co proxecto tratará de minimizar os efectos do intenso frío nos ámbitos da habitabilidade, a alimentación e a saúde.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Apurimac (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Contraparte: 

Cáritas Abancay

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Mellora das condicións de vida da comunidade rural indíxena de Ccellopampa.
Obxectivo Específico: Aliviar as consecuencias das choivas torrenciais e xeadas padecidas pola comunidade de Ccellopampa e capacitala para afrontar futuros eventos climáticos extremos.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Mellorada a habitabilidade e alimentación dos poboadores fronte a baixas temperaturas.
Actividades:
A.1.1.1.: Distribución de kit de alimentos.
A.1.1.2.: Entrega de frazadas e roupa térmica a 35 familias para combater o intenso frío que están padecendo.
A.1.1.3.: Entregarase un kit de útiles de cociña a cada familia da comunidade.
A.1.1.4.: Capacitación en instalación de bio hortos para o cultivo de hortalizas e plantas medicinais.
Resultado 1.2.: Autoridades e poboación de Ccellopampa desenvolven capacidades en xestión de riscos que lles permitirá atenuar os efectos do cambio climático adverso.
Actividades:
A.1.2.1. Capacitación en xestión de riscos á poboación de Ccellopampa.
A.1.2.2. Capacitación en xestión de riscos a autoridades.
Resultado 1.3.: Acceso aos servizos de saúde da poboación fronte ás baixas temperaturas e choivas.
A.1.3.1.: Entrega de kit de hixiene.
A.1.3.2.: Campañas de saúde.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 175 (48% mulleres).

Axudas: 

30000